Saltar ao contido

Dulcamara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dulcamara
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Subfamilia: Solanoideae
Tribo: Solaneae
Xénero: Solanum
Subxénero: Solanum
Sección: Dulcamara
Especie: S. dulcamara
Nome binomial
'Solanum dulcamara'
L. 1753

A dulcamara[1] (Solanum dulcamara) é unha planta herbácea perenne da familia das solanáceas, nativa de Eurasia pode chegar a acadar os 4 metros de altura, aínda que o normal é que non chegue aos 2. As follas, pecioladas, teñen entre 4 e 12 cm de longo, as flores, violetas, están en acios de 3 a 20. O froito é unha baga ovoide vermella, velenosa para os humanos e o gando por conter solanina pero comestible para os paxaros.

Outros nomes en galego inclúen: escornacabras (non confundir coa especie: Pistacia terebinthus, cornabude ou terebinto), mexacán (non confundir coa especie: Taraxacum officinale), uvas de can (non confundir coa especie: Tamus communis ou norza moura) e uva de can.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dulcamara.