Dseta
Aparencia
(Redirección desde «Dzeta»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/Zeta_uc_lc.svg/150px-Zeta_uc_lc.svg.png)
Nome da sexta letra do alfabeto grego (ζῆτα); equivale a /dz/. Minúscula ζ, maiúscula Ζ. Adoita transcribirse como z. Provén da letra do alfabeto fenicio zayin, que nesa lingua tiña o valor de /z/, ese sonoro; Como signo numérico representaba o sete. En maiúscula serve tamén para designar o sexto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o sexto da Odisea.