Elisabeth Nau
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1916 |
Morte | 16 de xaneiro de 2010 (94 anos) Stuttgart Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | Universidade de Múnic. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | historiador da arte, museóloga, numismático, executiva |
Empregador | Landesmuseum Württemberg |
Premios | |
(1981): Premio da GIG. |
Elisabeth Nau, nada o 3 de marzo de 1916 e finada o 16 de xaneiro de 2010 en Stuttgart, foi unha historiadora e numismática alemá.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elisabeth Nau acadou o seu doutoramento en 1943 na Universidade de Múnic cunha tese acerca do pazo e os xardíns de Hohenheim, publicada posteriormente, en 1943 e 1967.[3]
Entre 1949 e 1981 dirixiu o gabinete numismático do Museo Estatal de Württemberg, en Stuttgart.[2] De 1967 a 1981 foi a presidenta da Asociación de Estudos de Moedas de Württemberg, e nese último ano foi nomeada presidenta honoraria.[4]
En 1962 a medallista de Stuttgart Angelika Wetzel (1934-2011) creou unha medalla na memoria de Elisabeth Nau.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1981): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional (GIG), de Frankfurt.[5]
- (1996): Medalla de honra da Asociación de Estudos de Moedas de Württemberg.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Elisabeth Nau foi autora dun bo número de artigos en revistas especializadas e tamén dalgúns traballos monográficos; entre estes, o seu estudo sobre a moeda das cidades da Alta Suabia (1964) e o seu ensaio sobre o medallista do século XVIII Lorenz Natter (1966) seguen a considerarse referencias no seu ámbito.[6][7]
- (1943). Schloss Hohenheim: eine Charakteristik des ausgehenden 18. Jahrhunderts in Württemberg. Universität München, Múnic.
- (1953). Neue Beiträge zur süddeutschen Münzgeschichte. Württembergisches Landesmuseum, Stuttgart.
- (1959). Gold und Silber geprägt für Württemberg: Schätze aus dem Münzkabinett des Württembergischen Landesmuseums Stuttgart (con B. Holtmann). Städt. Sparkasse, Stuttgart.
- (1959). Seit Jahrtausenden begehrt Die Geschichte d. Geldes. Franckh, Stuttgart.
- (1964). Die Münzen und Medaillen der oberschwäbischen Städte. Kricheldorf, Friburgo.
- (1966). Lorenz Natter. 1705-1763. Gemmenschneider und Medailleur. Biberach an der Riß.
- (1967-a-). Hohenheim: Schloss u. Gärten. Thorbecke, Stuttgart.
- (1967). Römische Münzen aus Süddeutschland: Zeit der Republik. Gentner, Stuttgart.
- (1969). Römische Münzen aus Süddeutschland: Zeit d. Augustus u. Tiberius. Gentner, Stuttgart.
- (1969). Katalog Esslingen: die vor- und frühgeschichtlichen Funde im Heimatmuseum. Müller und Gräff, Stuttgart.
- (1972). Epochen der Geldgeschichte. Kohlhammer, Stuttgart. ISBN 9783172101010
- (1986). Der Betstuhl des Grafen Eberhard V. von Württemberg in der Amanduskirche zu Bad Urach. Kommissionsverlag, Tuduv-Verlagsgesellschaft, Múnic. ISBN 9783880732100
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nau, Elisabeth". Deutsche Biographie.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Nachrufe: Dr. Elisabeth Nau (1916-2020) Arquivado 09 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". En Tätigkeitsbericht 2010 / 2011 / 2012. Landesmuseum Württemberg Stuttgart, 2013. Páxina 186. ISSN 1868-6494
- ↑ Véxase (1943) e (1967-a-) en "Publicacións".
- ↑ 4,0 4,1 Beträge zur Süddeutschen Münzgeschichte 2001. Stuttgart, 2001. Páxina 22.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Ehrenpreis der Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte .
- ↑ "Elisabeth Nau (1916-2010). Schriftenverzeichnis". Coingallery.de
- ↑ "Nau, Elisabeth". Worldcat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Albert, R. (2010). "Elisabeth Nau". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 59. Jahrgang. Xuño. Sociedade Numismática Alemá. Páxina 223.
- Klein, U. (2006). "Elisabeth Nau". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 59. Jahrgang. Marzo. Sociedade Numismática Alemá. Páxina 109.