Rainer Albert
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1949 Ludwigshafen am Rhein, Alemaña (pt) |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade de Mannheim. |
Q89547790 | - Presidente da DNG. - Director de NNB. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático, coleccionista, mestre |
Premios | |
- (2004): Premio Vreneli, da WMF. - (2019): Eligiuspreis, da DNG. | |
Rainer Albert, nado o 4 de xullo de 1949 en Ludwigshafen, Renania-Palatinado, é un numismático alemán.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Rainer Albert estudou Historia e Alemán, na Universidade de Mannheim, onde en 1980 acadou o doutoramento cunha tese sobre a representación de Augusto nas moedas imperiais romanas, dirixida por Heinrich Chantraine e titulada Das Bild des Augustus auf den frühen Reichsprägungen. Studien zur Vergöttlichung des ersten Prinzeps.[1][2][3]
Desde 1976 ata a súa xubilación en 2012, Albert foi profesor de Alemán e de Historia nunha escola pública da localidade de Speyer, na que ocupou o posto de xefe de estudos.[1][2] Durante o exercicio do seu labor docente en Speyer, entre 1980 e 1988 puido aplicar os seus coñecementos para a construción da biblioteca numismática pública da localidade.[3]
Albert foi o presidente da Sociedade Numismática de Speyer desde 1988. Tamén presidiu a Sociedade Numismática Alemá entre 1989 e 1995. En 1996 foi nomeado editor xefe da revista Numismatisches Nachrichtenblatts (NNB), na que xa colaboraba como redactor desde 1977.[1] Desde a súa xubilación en 2012 tamén é o editor xefe da revista Münzen Revue.[2][3]
Na súa época á fronte da Sociedade Numismática Alemá, foi o seu representante na Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña.[2][3]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (2003): Cruz Federal ao Mérito, con cinta.[1][2][3]
- (2004): Premio Vreneli, da Feira Mundial do Diñeiro.[2][4]
- (2016): Presidente honorario da Sociedade Numismática de Speyer.[2]
- (2019): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá.[3][5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Rainer Albert é autor de numerosos artigos en revistas numismáticas, particularmente centrados na medalla e na moeda da Antiga Roma. Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables de Reiner Albert ao longo da súa traxectoria:[6]
- (1981). Das Bild des Augustus auf den frühen Reichsprägungen. Studien zur Vergöttlichung des ersten Princeps. Numismatische Gesellschaft Speyer, Speyer.
- (1985). Herrscherporträts in der Numismatik. Festschrift zum Deutschen Numismatiker-Tag Speyer 1985 (ed.). Numismatische Gesellschaft Speyer, Speyer.
- (1995). Wissenschaftsgeschichte der Numismatik. Beiträge zum 17. Deutschen Numismatikertag 3.-5. März 1995 in Hannover (ed. con R. Cunz). Numismatische Gesellschaft Speyer, Speyer.
- (2003). Die Münzen der Römischen Republik. Von den Anfängen bis zur Schlacht von Actium. Battenberg, Múnic. ISBN 3-924861-76-5 [2ª edición en 2011]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Eligius-Preis 2019 für Dr. Rainer Albert". En Muenzen-Online.com. 30 de abril de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Raff, Albert. "Eligiuspreis 2019: Rainer Albert". Sitio web da DNG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Rainer Albert. Vita". Battenberg gietl verlag.
- ↑ "Rainer Albert erhält Vreneli-Preis". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 4/2004. Páxinas 1958-160.
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
- ↑ "Albert, Rainer". WorldCat Identities.