Ute Wartenberg
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 Saarbrücken, Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá |
Educación | Universidade do Sarre. Universidade de Oxford. |
Q89547790 | Estudos de numismática grega. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, arqueóloga |
Premios | |
(2015): Premio da GIG. | |
Lista
|
Ute Wartenberg Kagan, nada en 1963 en Saarbrücken, no Sarre, é unha numismática alemá especializada na moeda da Antiga Grecia, vinculada ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico e á American Numismatic Society.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Wartenberg é natural do Sarre, en Alemaña, onde recibiu a súa primeira educación. Entre 1982 e 1985 cursou os seus estudos superiores de Historia Antiga na Universidade do Sarre en Saarbrücken, con especialidade en numismática, filoloxía grega e arqueoloxía clásica.[1][2] Nesta etapa universitaria frecuentou eventos relacionados coa numismática e coñeceu especialistas nesa área, como Ursula Kampmann ou Dietrich Klose.[3]
Logo da consecución dunha bolsa Cecil Rodes de posgrao, en 1987 ingresou na Universidade de Oxford, na que en 1990 acadou o seu doutoramento en Literatura Clásica, cunha tese sobre a materia da papiroloxía titulada Some papyri from Oxyrhynchus.[1][3][4] En Oxford exerceu tamén a docencia de lingua e literatura gregas.[2]
En 1991, logo do súpeto falecemento de Martin Price, ingresou como conservadora de moeda da Antiga Grecia no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, posto que ocupou durante sete anos.[1][2][3][5] Nese período, a Academia Británica encomendoulle o desenvolvemento dun sistema para a dixitalización de coleccións para a serie Sylloge Nummorum Graecorum.[3]
En 1998 abandonou o Museo Británico logo do ofrecemento da American Numismatic Society para se facer cargo da súa dirección executiva, cargo que ocupou ata o 1 de novembro de 2019.[1][2][3] En 2021 foi nomeada presidenta desta entidade.[5][6][7][2]
Nesta súa etapa nos Estados Unidos, Wartenberg foi membro do Departamento de Estudos Clásicos da Universidade Columbia, en Nova York. Nese país foi conservadora de diversas coleccións numismáticas, como a colección Amastris, e participou como asesora experta como directiva en diversos comités, para organismos como o Congreso dos EEUU e a secretaría do Tesouro.[2][8] Así mesmo, foi a organizadora de exposicións tan salientables como Drachmas, Doubloons and Dollars: The History of Money, celebrada en 2002 no Banco da Reserva Federal de Nova York.[9]
En 2015 foi elixida membro do comité de dirección do Consello Internacional de Numismática, como editora internacional do boleín INC News.[10][11] Desde 2019 ata 2022 presidiu o Comité Internacional para os Museos Monetarios e Bancarios (ICOMON), que forma parte do Consello Internacional de Museos (ICOM), da UNESCO.[2][8]
Desde 2008 forma parte da Sociedade de Anticuarios de Londres.[2][12]
Como investigadora, centra o seu interese na economía da Antiga Grecia, nas primeiras cuñaxes gregas da época arcaica e na moeda do Imperio Aqueménida, en particular no papel das primeiras emisións monetarias en electro e en prata durante o século VI a. de C. Desde 1991 está involucrada no proxecto Coin Hoards, dedicado á compilación de información sobre achados monetarios da Antiga Grecia, xunto con Andrew Meadows.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma das publicacións de Ute Wartenberg máis representativas da súa traxectoria:[14][15][16]
- (1994). Coin hoards. Vol. VIII: Greek hoards (con M. J. Price). Royal Numismatic Society, Londres.
- (1995). After Marathon: war, society, and money in fifth-century Greece. British Museum, Londres. ISBN 9780714108827
- (1997). The Oxyrhynchus papyri. Part LXIV (con E. W. Handley). British Academy / Egypt Exploration Society. ISBN 9780856981296
- (2002). Coin hoards. Vol. IX: Greek hoards (con A. Meadows). Royal Numismatic Society, Londres.
- (2010). Coin hoards. Vol. X: Greek hoards (con O. D. Hoover e A. Meadows). ANS, Nova York / RNS, Londres. ISBN 9780897223157
- (2017). Coins, artists, and tyrants: Syracuse in the time of the Peloponnesian War (con W. Fischer-Bossert et al.). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223416
- (2020). White gold: studies in early electrum coinage (con P. G. van Alfen). American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897223492
- (2021). Numismatic Antiquarianism Through Correspondence 16th 18th Centuries (con F. de Callataÿ). American Numismatic Society. ISBN 9780897223683
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Kampmann, U. (2019). "Ute Wartenberg Resigns as Executive Director of the ANS". En Coins Weekly. 24 de outubro.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "Ute Wartenberg Becomes First Female ANS President". En Coins Weekly. 5 de novembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Ute Wartenberg wird mit dem Ehrenpreis der CIG ausgezeichnet". En Münzenwoche. 23 de xullo de 2015.
- ↑ "Wartemberg, U. (1990[1991]). Some papyri from Oxyrhynchus. Thesis/dissertation. D. Phil. University of Oxford.
- ↑ 5,0 5,1 "Ute Wartenberg Kagan". The British Museum.
- ↑ "Presidents and Chairmen of the American Numismatic Society". American Numismatic Society.
- ↑ "Press Release: Ute Wartenberg steps into Syd Martin’s role as ANS President". American Numismatic Society. 30 de outubro de 2020.
- ↑ 8,0 8,1 "ICOMON Board Members". International Committee for Money and Banking Museums.
- ↑ 9,0 9,1 "Ute Wartenberg Kagan Arquivado 13 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". American Numi smatic Society.
- ↑ "Committee of the INC Arquivado 05 de xullo de 2018 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ "INC News Arquivado 16 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ "Dr Ute Wartenberg Kagan". Society of Antiquaries of London.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Wartenberg, Ute". WorldCat Identities.
- ↑ "Wartenberg, Ute Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Ute Wartenberg". Academia.edu
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Nados en 1963
- Nados en Sarre
- Numismáticos de Alemaña
- Galardoados co premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional
- Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres
- American Numismatic Society
- Persoas relacionadas co Museo Británico
- Alumnos da Universidade do Sarre
- Alumnos da Universidade de Oxford
- Profesores da Universidade de Oxford
- Profesores da Universidade de Columbia