Saltar ao contido

EA 1941

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EA 1941
FunciónExperimental
país de orixeFrancia
Tamaño
Etapas1[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosLarzac[1]
Total de lanzamentos7[1]
fallos7[1]
Voo inaugural15 de marzo de 1945[1]
Último voo18 de xullo de 1945[1]
editar datos en Wikidata ]


EA 1941 foi a denominación do primeiro foguete francés propulsado por propelente líquido. Foi desenvolvido entre 1931 e 1942 e probado durante 1945.[1]

O desenvolvemento do primeiro foguete de propelente líquido francés comezou nos anos 1930 co desenvolvemento por parte de Jean-Jacques Barre dun motor de 10 kN alimentado por oxíxeno líquido e gasolina. A ocupación alemá non frenou os traballos, e chegáronse a facer probas estáticas do EA 1941 entre 1941 e 1942 nas instalacións de Larzac.[1]

O foguete foi deseñado para levar unha carga de 25 kg a unha distancia de ata 100 km. As probas continuaron en La Renardiere trala liberación do sur de Francia. Durante o quinto lanzamento o foguete alcanzou unha distancia de 60 km.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Mark Wade (2011). "EA 1941" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2012.