Eadweard Muybridge
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Edward James Muggeridge 9 de abril de 1830 Kingston-upon-Thames, Reino Unido |
Morte | 8 de maio de 1904 (74 anos) Kingston upon Thames, Reino Unido (pt) |
Causa da morte | cancro de próstata |
Lugar de sepultura | Woking Crematorium (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía |
Ocupación | fotógrafo, actor de cinema, director de cinema, inventor, libreiro |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Premios | |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century (en) Dictionary of National Biography, second supplement (en) Obálky knih, |
Eadweard James Muybridge, nado en Kingston upon Thames o 9 de abril de 1830 e finado na mesma vila o 8 de maio de 1904, foi un fotógrafo e investigador inglés, coñecido principalmente polos seus experimentos como a xeración do movemento.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou principalmente en California. As súas investigacións sobre a descomposición do movemento iniciadas en 1872 foron realizadas de forma paralela cos traballos de Étienne Jules Marey. En 1878, grazas ao encargo do home de negocios Leland Stanford, conseguiu fotografar unha egua galopando cunha serie de vinte e catro fotogramas. Cada unha das cámaras foi colocada de forma paralela ao traxecto da supracitada e cun cabo ligado ao disparador de cada cámara que se interpuña no citado traxecto a fin de que durante o galope a egua foi accionando as cámaras.
Este experimento fotográfico é coñecido polo título de "O cabalo en movemento", e mostra algo que xa afirmara Étienne Jules Marey e que sen impedimento non conseguira demostrar, o cabalo cando galopa mantén os catro cascos no aire dunha vez sen manter apoio ningún sobre o terreo, aínda que o ollo humano non o capte. O sistema foi precursor para o posterior desenvolvemento das cámaras de cinema.
Muybridge utilizou esta técnica en moitas outras ocasións para fotografar persoas e animais a fin de estudar os seus movementos, chegando a colaborar con Étienne Jules Marey en París, en 1881.
Na década de 1990 o grupo de música U2 fixo un videoclip para a súa canción "Lemon" que supón un tributo ás técnicas de Muybridge. O compositor vangardista Philip Glass compuxo unha ópera en homenaxe ao fotógrafo.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eadweard Muybridge |