Eberhard Schoener
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1938 (86 anos) Stuttgart, Alemaña |
Actividade | |
Campo de traballo | Música clásica e música cinematográfica |
Ocupación | director de orquestra, compositor de bandas sonoras, compositor, músico |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Violín |
Selo discográfico | Kuckuck Schallplatten Mercury Records Harvest Records Ariola Records |
Premios | |
Sitio web | eberhard-schoener.de |
|
Eberhard Schoener, nado en Stuttgart o 13 de maio de 1938, é un compositor, director de orquestra e músico experimental alemán. Schoener é considerado un pioneiro da electrónica e un dos primeiro en empregar o sintetizador Moog en Europa. Despois dunha estancia nos anos 70 en Indonesia onde estuda relixión e música asiáticas publica o álbum Meditation, onde reinvindica que para que un músico sexa verdadeiramente eficiente debe "comprender as súas propias raíces musicais".[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a década dos anos 50 completa estudos de violín e dirección de orquestra. Nos anos 60 fundou a Orquestra Sinfónica Xuvenil de Múnic. E nos anos 70 colaborou á fronte da orquestra, con Procol Harum na xira alemá de 1972. Nese mesmo ano asina o traballo dos álbums de Jon Lord, "Gemini Suite" e "Windows". Adquirira un sintetizador Moog en 1968 e popularizouno na escena alemá convencendo ao artista Florian Fricke,[2] fundador do Popol Vuh, a comprar un. En 1971 publicou os seus tres primeiros discos, e o álbum Meditation (1974) conta como o seu primeiro disco electrónico.
En 1977 publicou o seu noveno álbum, Trance-Formation, lanzado entre o selo de Schulze, IC, e o selo progresivo de EMI, Harvest. Asinado como Eberhard Schoener and the Secret Society. Con percusión de Nippi Noya (Jan Akkerman Band), Hansi Ströer ao baixo, Mary Gregoriy á voz, Raymund Elleder aos teclados e Andy Summers ás guitarras. Ademais da orquestra Tölzer Knabenchor e da Ópera de Cámara de Múnic contrata para o disco a monxes do Mosteiro SAMA. Schoener compón, arranxa, produce, dirixe e toca o Moog, o órgano, o piano e o Mellotron. No traballo emprega recursos da música gamelan hindú, chinesa e balinesa.
Dende os anos 70 tentou xuntar a música clásica, a música pop e a música do mundo. Traballou durante varios anos con bandas como Procol Harum, Tangerine Dream, o músico Sting e máis tarde The Police. Tamén apareceu nos álbums Windows de Jon Lord (1974) e The Turn of a Friendly Card de The Alan Parsons Project como director dos músicos da Ópera de Cámara de Múnic.
En 2005 dirixiu a Orquestra da Radio de Múnic no Soño da noite de verán de Múnic, un evento anual destacado no Parque Olímpico da cidade. Ao ano seguinte, en 2006, publicouse o CD Eberhard Schoener and Friends. En 2010 escribiu a música da película Greed, de Dieter Wedel. En 2011 fundou o Tegernsee Summer Festival coa actuación do Walpurgiszauber. Dream Paths of Music seguiu en 2012 como parte deste festival. Esta produción foi gravada para a televisión bávara e emitiuse o 5 de setembro de 2013. O 22 de novembro de 2014, Eberhard Schoener foi galardoado co premio honorífico SoundTrack Cologne.
En maio de 2019, Schoener entregou o seu sintetizador modular Moog IIIp ao Museo Alemán de Múnic.
Vida Persoal
[editar | editar a fonte]Schoener está casado coa historiadora da arte e autora Stefanie Schoener desde 1967, quen escribiu a súa biografía en 2009.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Die Schachtel/The Box (Deutsche Grammophon, 1969)
- Destruction of Harmony (Ariola, 1971)
- A Day's Lullaby (WEA, 1972)
- Windows (EMI, 1974)
- Sarabande (EMI, 1975)
- Meditation (Schoener, 1973 – Kuckuck, 1982)
- Bali Agung (EMI, 1975 – Kuckuck, 1980)
- Bastien und Bastienne (EMI, 1976)
- Der Schauspieldirektor (EMI, 1976)
- Trance - Formation (EMI, 1977)
- Flashback (EMI, 1978)
- Video Magic (EMI, 1978)
- Events (EMI, 1980)
- Time Square (EMI, 1981)
- Complicated Ladies (Phonogram, 1983)
- Sky Music - Mountain Music (Celestial Harmonies, 1984)
- Spurensicherung (Phonogram, 1985)
- Eberhard Schoener System (Phonogram, 1986)
- Bon Voyage (Phonogram, 1987)
- Das Erbe der Guldenburgs (Sony, 1989)
- Trance Mission (Marlboro, 1991)
- Why Don't You Answer (Phonogram, 1992)
- Harmonia Mundi (Intercord, 1993)
- Time Cycle (Phonogram, 1994)
- Palazzo dell'Amore/Cold Genius (BMG, 1996)
- Hey Mr Gentleman (BMG, 1998)
- Potsdamer Platz (BMG, 1998)
- Namaste-Puja (BMG, 1999)
- Beleza Negra/Eine Rache (BMG, 2001)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eberhard Schoener – Inconsiderable time (Part 1)". Consultado o 13 de decembro de 2024.
- ↑ "EBERHARD SCHOENER - Trance-Formation (1977/ Harvest-IC)". Consultado o 13 de decembro de 2024.