Economía de Iraq
Economía de Iraq | |
---|---|
Moeda | Dinar iraquí |
Organizacións comerciais de que fai parte | OPEP |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 155,4 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 61ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 10,2% (2012) |
PIB per cápita | 4 600 (2012) |
PIB por sector | agricultura 8,7%, industria 63,8%, comercio e servizos 25,1% (2012) |
Inflación | 6,4% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 8,9 millóns (2012) |
Forza de traballo por sector | Agricultura 21,6%, industria 18,7%, servizos 59,8% (2008) |
Desemprego | 16% (2012) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 88,27 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | petróleo cru 84%, materias primas excepto petróleo 8%, alimentos e animais vivos 5% |
Principais mercados | Estados Unidos 36,8%, Italia 12,6%, Corea do Sur 9,5%, Taiwán 6,3%, España 5,2%, Canadá 4,7%, Francia 4,4%, Países Baixos 4,2% (2007) |
Importacións | 56,89 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | alimentos, medicamentos, manufacturados |
Principais mercados | Siria 30,5%, Turquía 19,8%, Estados Unidos 11,1%, Xordania 5%, China 4,8% (2007) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 50,26 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Iraq caracterízase por unha forte dependencia da exportación de petróleo e por acentuar un desenvolvemento dirixido por organismos centrais. Antes do inicio da guerra contra Irán en setembro de 1980, o futuro da economía iraquí era brillante. A produción de petróleo alcanzara o nivel de 3,5 millóns de barrís por día e os ingresos do petróleo sumaban 21.000 millóns de dólares en 1979 e 27.000 millóns de dólares en 1980. Ao comezar a guerra, Iraq acumulara aproximadamente 35.000 millóns de dólares en reservas de divisas.
Guerra Irán-Iraq
[editar | editar a fonte]A guerra entre Irán e Iraq esgotou as reservas de divisas de Iraq, destruíu a súa economía e deixou ao país unha débeda externa superior aos 40.000 millóns de dólares. Despois do fin do conflito, as exportacións de petróleo empezaron a subir, aos poucos, grazas á construción de novos oleodutos e á restauración das instalacións destruídas.
Presente
[editar | editar a fonte]Os últimos anos, a mellora das condicións de seguranza do país e o progresivo retorno dos investimentos teñen axudado a dinamizar a economía, especialmente nos sectores de enerxía, construción civil e comercio. Un crecemento económico máis duradeiro, unha saúde fiscal de longo prazo e unha mellora xeral do padrón de vida dependerán da aprobación, polo goberno central, de importantes políticas de reformas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook".[Ligazón morta]. Accedido o 17 de marzo do 2013
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).