Economía de Tanzania
Economía de Tanzania | |
---|---|
Moeda | Xilin tanzano |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 73,5 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 85ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 6,5% (2012) |
PIB per cápita | 1 700 (2012) |
PIB por sector | agricultura 27,1%, industria 24,1%, comercio e servizos 48,7% (2012) |
Inflación | 15,3% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 24.770.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 80%, industria e servizos 20% (2002) |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | procesamento agrícola (azucre, cervexa, cigarro, sisal); minaría de diamante, ouro e ferro, sal mariño, carbonato de sodio; cemento, refino de petróleo, calzados, roupas, produtos de madeira, fertilizantes |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 5 031 millóns (2012) |
Produtos de exportación | ouro, café, castaña de anacardo, manufacturados, algodón |
Principais mercados | República Popular da China 14,3%, Xapón 7,8%, India 7,8%, Alemaña 6,7%, Emiratos Árabes Unidos 4,5% (2011) |
Importacións | 9 724 millóns (2012) |
Principais produtos importados | bens de consumo, máquinas e equipamentos de transporte, materias primas industriais, petróleo cru |
Principais mercados | India 18,8%, República Popular da China 17,4%, Suráfrica 6%, Kenya 5,9%, Emiratos Árabes Unidos 4,7% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 3 787 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Tanzania é un dos países máis pobres do mundo, cun PIB per cápita de soamente 1 700 dólares en 2012. Con todo, a súa economía alcanzou altos índices de crecemento grazas á produción de ouro e o turismo.[1] O país practicamente concluíu a súa transición para unha economía de mercado liberalizada, aínda que o goberno manteña presenza en sectores como telecomunicacións, bancario, enerxía e minaría.[1]
A súa economía é moi dependente de agricultura, sector responsable por 40% do PIB, 85% das exportacións e que emprega o 80% da man de obra. Con todo, a topografía e as condicións climáticas limitan as terras cultivables a só o 40% do total. O país sitúase entre os 10% máis pobres do mundo[1].
A industria do país consiste principalmente no procesamento dos produtos agrícolas do país, e algúns bens de consumo non durábeis. O Banco Mundial e doadores internacionais teñen axudado con diñeiro a rehabilitar a obsoleta infraestrutura e aliviar a pobreza. Debido á axuda internacional e sólidas políticas económicas, o país conseguiu manter o crecemento malia a recesión mundial[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).