Edith Schönert-Geiß
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1933 Dresden, Alemaña |
Morte | 12 de xuño de 2012. Berlín. Alemaña |
País de nacionalidade | Alemá. |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín. |
Q89547790 | Estudos de numismática grega. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Compañeiro profesional | Ulrike Peter |
Premios | |
- (1963): Membro de Honra da Sociedade Numismática Romanesa. - (1987): Membro de Honra da Sociedade Numismática de Stara Zagora. |
Edith Schönert-Geiß, nada o 7 de agosto de 1933 en Dresden (Saxonia) e finada o 12 de xuño de 2012 en Berlín, foi unha numismática alemá salientable polas súas investigacións sobre numismática grega, sinaladamente de Tracia.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de finalizar a educación secundaria en Dresden, Edith Schönert estudou Ciencias da Historia na Universidade Humboldt de Berlín. Aos seus 23 anos, o 1 de setembro de 1956, comezou a traballar no Instituto Central de Historia Antiga e Arqueoloxía, dependente da Academia de Ciencias da República Democrática Alemá, onde se implicou na continuación do proxecto Griechisches Münzwerk, sobre cecas gregas, que finalmente acabou por dirixir.[1][2][4]
Aínda que o seu apelido orixial é Schönert, logo do seu casamento substituíuno polo do seu marido, Geiß, e máis tarde comezou a asinar as súas publicacións co composto Schönert-Geiß.[3]
En 1960 acadou o doutoramento cunha tese titulada Provinzialprägung der Stadt Perinthos ("Cuñaxe provincial da cidade de Perinthos"), presentada na Universidade Humboldt. En 1966 logrou a súa habilitación como profesora universitaria co seu estudo Die frühe Silberprägung von Byzantion ("A primeira cuñaxe de prata de Bizancio").[1][2]
Con motivo da súa xubilación o 31 de agosto de 1998 foi honrada cunha publicación científica na súa homenaxe.[5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1963: Membro de Honra da Sociedade Numismática Romanesa.[1]
- 1987: Membro de Honra da Sociedade Numismática de Stara Zagora, en Bulgaria.[1]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- (1965): Die Münzprägung von Perinthos. Belín.
- (1970-1972): Die Münzprägung von Byzantion. Berlín. 1970: parte 1; 1972: parte 2.
- (1981): Münzen aus der urchristlichen Umwelt (con K. Matthiae). Berlín.
- (1987): Die Münzprägung von Maroneia. Berlín. ISBN 3-05-000226-3
- (1991): Die Münzprägung von Augusta Traiana und Traianopolis. Berlín. ISBN 3-05-000940-3
- (1999): Bibliographie zur antiken Numismatik Thrakiens und Mösiens. Berlín. ISBN 3-05-003286-3
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ulrike, P. [ed.] (1998). Stephanos nomismatikos. Edith Schönert-Geiss zum 65. Geburtstag. Berlín. ISBN 3-05-003294-4
- Ulrike, P. (2012 -a-). "Edith Schönert-Geiss (1933–2012) Arquivado 03 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". En Compte rendu. 59. Páxinas 76-77. Commission Internationale de Numismatique.
- Ulrike, P. (2012 -b). "Dr. habil. Edith Schönert-Geiß (b. August 7, 1933 - d. June 12, 2012)". En Coins Weekly. 28 de xuño.
- Von Felix, L. (2012). "Edith Geiß (Geb. 1933)". En Der Tagesspiegel. 17 de agosto.