Eduardo Barcia Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1883 Fene, España |
Morte | 3 de outubro de 1936 (52/53 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político, xornaleiro |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Eduardo Barcia Rodríguez, nado en Fene en 1883 e finado en Ferrol o 3 de outubro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xornaleiro. Militante do PSOE, foi concelleiro de Fene dende a proclamación da Segunda República até 1936, pertenceu sociedade agrícola La Necesaria de Fene da UGT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 1 de agosto con Ramón Souto González, Andrés Iglesias Garrote, Juan Sánchez Crespo e o seu irmán Francisco Barcia Rodríguez.[1] Foi asasinado en Ferrol. Foi sancionado polo Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas da Coruña co importe de 200 pesetas en 1941.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2-8-1936, p. 3.