Saltar ao contido

Eduardo Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Lago
Biografía
Nacemento(es) Eduardo Lago Martínez Editar o valor en Wikidata
15 de xuño de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico literario, tradutor, novelista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSarah Lawrence College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX951922

Eduardo Lago Martínez, nado en Madrid o 15 de xuño de 1954, é un escritor, tradutor e crítico español.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Reside en Nova York dende 1987, onde se doutorou en literatura. É mestre de literatura comparada no Sarah Lawrence College de Nova York e foi director do Instituto Cervantes de Nova York (2006-2011).

A súa primeira novela, Llámame Brooklyn (2006), foi elixida a mellor obra de ficción do ano por El cultural do xornal El Mundo, traduciuse a unha ducia de linguas e obtivo o Premio da Crítica de narrativa castelá, o Premio Nadal, o Ciutat de Barcelona e o premio da Fundación Lara á novela con mellor acollida crítica. Tamén é autor de Cuentos dispersos (2000), do libro de viaxes Cuaderno de Méjico (2000), da colección de relatos Ladrón de mapas (2008) e da novela Siempre supe que volvería a verte, Aurora Lee (2013).

É tradutor de Henry James, Sylvia Plath, John Barth e moitos outros autores do eido angloamericano e é membro fundador da Orde do Finnegans, dedicada ó estudo humorístico da obra de James Joyce. Gañador do Premio Bartolomé March no 2001 por un estudo sobre as traducións ó castelán do Ulises de Joyce, entre os traballos de xornalismo literario de Lago destacan as entrevistas en profundidade feitas a escritores como Don DeLillo, Philip Roth, Czeslaw Milosz, Salman Rushdie, Bret Easton Ellis, Norman Mailer ou Paul Auster.[1]

  1. CCCB via (CCBYSA via) (ed.). "Eduardo Lago". Kosmopolis. Consultado o 17 de febreiro de 2015.