Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry James |
|
Nacemento | 15 de abril de 1843 Nova York, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 28 de febreiro de 1916 (72 anos) Chelsea, Reino Unido |
---|
Causa da morte | ictus |
---|
Lugar de sepultura | Cambridge Cemetery (en) |
---|
Residencia | Lamb House (en) |
---|
Educación | Universidade Harvard |
---|
|
Campo de traballo | Literatura inglesa |
---|
Lugar de traballo | París |
---|
Ocupación | escritor, poeta avogado, crítico literario, editor colaborador, dramaturgo, novelista, guionista, escritor de contos |
---|
Empregador | Universidade Harvard |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | Literatura gótica (pt) |
---|
Movemento | Realismo literario |
---|
Influencias | |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pais | Henry James, Sr. e Mary Walsh James |
---|
Irmáns | Alice James William James |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джеймс Генри) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biblioteca dixital BEIC |
---|
|
Henry James, nado en Nova York o 15 de abril de 1843 e finado en Londres o 28 de febreiro de 1916, foi un escritor e crítico literario estadounidense nacionalizado británico contra finais da súa vida. Son ben coñecidas as súas novelas e relatos baseados na técnica do punto de vista, que lle permitiu efectuar unha análise psicolóxica de cada personaxe dende o interior deste. Foi fillo de Henry James Sr. e o irmán máis novo do filósofo e psicólogo William James.