Saltar ao contido

Eduardo Lamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Lamas
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJosep Lamas Alsina, Eduard Lamas Alsina Editar o valor en Wikidata

Eduardo Lamas Sánchez, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1955, é un dirixente e político galego do Partido Popular.

Traxectoria persoal e profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Educación Física polo I.N.E.F. de Barcelona. Adestrador Nacional de Hóckey sobre Patíns. Mestría en Fútbol (I.N.E.F.) Foi profesor de Educación Física en diferentes centros de Cataluña, en Preescolar, EXB e BUP. Colaborador na estruturación e organización dos Servizos Deportivos de diferentes Concellos de Cataluña. Profesor do departamento de Educación Física da Universidade Autónoma de Barcelona. Profesor de Educación Física dos Centros de Iniciación Técnico-Deportivo (C.I.T.D.) da Secretaría Xeral para o Deporte da Generalitat de Cataluña. Funcionario de Carreira, en Comisión de Servizos, do corpo de Profesores Agregados de Bacharelato. Funcionario de Carreira, en excedencia, do Corpo de Profesores en Formación Profesional.

Foi o cuarto presidente do HC Liceo da Coruña, entre os anos 2003 e 2018. Durante a súa presidencia o club gañou un título da OK Liga, dúas Supercopas de España, dúas Copas de Europa, unha Copa CERS, unha Copa Continental e unha Copa Intercontinental.[1]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Lamas ten sido coordinador do Área de Deportes da Deputación da Coruña de 1987 a 1989. Subdirector Xeral de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Vicepresidente da Comisión Nacional de Deportes do Partido Popular, desde o mes de marzo de 1994. Membro da Comisión Directiva do Consello Superior de Deportes desde 1999. Foi Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia de 1991 a 2003. En 1998 foille concedida a "Medalla de Prata ó Mérito Deportivo".

Concelleiro polo Partido Popular no Concello da Coruña en 2003, foi o seu portavoz trala marcha de Fernando Rodríguez Corcoba do grupo municipal[2], sendo relevado en 2007 por Carlos Negreira.

É pai dos históricos xogadores do HC Liceo Josep e Eduard Lamas.[1]

  1. 1,0 1,1 Antelo, Iván (15 de outubro de 2018). "El Liceo tiene nuevo presidente". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  2. Francisco Espiñeira (2006-06-06). "Eduardo Lamas asume el mando del grupo municipal del PP". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]