Saltar ao contido

Eduardo Nájera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEduardo Nájera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Chihuahua, México Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oklahoma (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso109 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata - 2012 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Convocado porHouston Rockets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Golden State Warriors
Dallas Mavericks
Denver Nuggets
Charlotte Hornets
Brooklyn Nets
1996–2000 Oklahoma Sooners men's basketball
Participou en
2003Copa América de Basquetebol Masculino de 2003 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Eduardo Alonso Nájera Pérez, nado o 11 de xullo de 1976 en Meoqui, Chihuahua, é un ex xogador profesional mexicano de baloncesto. Foi o segundo xogador mexicano en xogar na NBA. Durante a súa carreira, xogou para Dallas Mavericks, Golden State Warriors, Denver Nuggets, New Jersey Nets e Charlotte Bobcats. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de aleiro.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Universidade

[editar | editar a fonte]

Nájera xogou ao baloncesto universitario estadounidense na Universidade de Oklahoma, en Norman, Oklahoma, de 1997 ao ano 2000, converténdose nunha das principais estrelas. Axudou a levar ao equipo a catro aparicións consecutivas nos torneos de NCAA durante a súa carreira universitaria. Declarándose posteriormente elixible no draft da NBA, sendo escollido polos Houston Rockets na segunda rolda e sendo inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks. Terminou a súa carreira universitaria en Oklahoma terceiro en minutos xogados (3.856), cuarto en roubos (193), quinto en rebotes (910) e sexto en tiros bloqueados (89).

Nájera xogou 40 partidos (4 de titular) para Dallas na súa primeira tempada na NBA. Durante a súa carreira na NBA foi varias veces cambiando de equipo, xogando dende a súa marcha de Dallas en 2004 nos Golden State Warriors, Denver Nuggets e New Jersey Nets. Finalmente o 11 de xaneiro de 2010 foi traspasado de volta aos Dallas Mavericks nun intercambio que enviaba a Nova Jersey a Kris Humphries e a Shawne Williams. No verán de 2010 foi traspasado aos Charlotte Bobcats

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]