Eduardo da Pena Lis
Nome orixinal | Eduardo Dapena Lis | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 20 de novembro de 1933 ![]() Lourizán, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de marzo de 2022 ![]() Pontevedra, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,68 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1955 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Eduardo Dapena Lis, máis coñecido como Cholo, nado en Lourizán (Pontevedra) o 20 de novembro de 1933 e finado en Pontevedra o 27 de marzo de 2022[1], foi un futbolista galego. Xogaba de defensa e foi o capitán do Pontevedra nos anos de maior gloria do club, militando seis tempadas na Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando ao fútbol nos infantís do San Lorenzo de Pontevedra, pasando logo polos equipos modestos do San Pedro, Camino Nuevo e Nodales, antes de recalar no Vilagarcía.[2][3] Na tempada 1955/56 pasou ao Arousa,[4] co que logrou ese ano o ascenso á Terceira División con Manolé no banco, e na seguinte un cuarto posto na categoría de bronce.
Para a tempada 1958/59 fichou xunto ao seu compañeiro Kaki polo Pontevedra, tamén da Terceira División.[5] Disputou 60 partidos nas seguintes dúas tempadas, logrando na segunda delas, con Cuqui Bienzobas no banco, o ascenso á Segunda División. Xogou as seguintes tres tempadas na categoría de prata, sendo titular indiscutible na defensa, acompañado na maioría de partidos por Calleja e Pastor. Na tempada 1962/63, con Rafael Yunta como adestrador, o equipo logrou un histórico ascenso á Primeira División, ao proclamarse campión de Segunda.[6]
Na tempada 1963/64 debutou na máxima categoría, ao mesmo tempo que o club, nun empate 1-1 contra o Zaragoza en Pasarón. Disputou case todos os encontros da tempada, sendo os seus compañeiros máis habituais na zaga Calleja, Batalla e Azcueta, pero o equipo acabou descendendo. Na seguinte tempada volvéronse proclamar campións de Segunda, regresando de novo á máxima categoría. Continuou cinco anos máis no club granate, sendo o capitán e un dos alicerces do "Hai que roelo", un equipo cunha forte solidez defensiva que fixo de Pasarón un fortín no que caeron derrotados os grandes equipos da liga, e que chegou a rematar oitavo na tempada 1967/68. Deixou o Pontevedra en decembro de 1969,[7] despois dun total de 11 tempadas e media no club, nas que disputou 327 partidos oficiais e conseguiu un só gol, nun encontro fronte ao Las Palmas.[8]
Compaxinaba o fútbol coa súa profesión de chofer, conducindo o trolebús que enlazaba Pontevedra con Marín.[9]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Tempada | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
Arosa SC | Terceira División | 1955/56 | ? | ? |
Arosa SC | Terceira División | 1956/57 | ? | ? |
Arosa SC | Tercera División | 1957/58 | ? | ? |
Pontevedra CF | Terceira División | 1958/59 | 27 | 0 |
Pontevedra CF | Terceira División | 1959/60 | 33 | 0 |
Pontevedra CF | Segunda División | 1960/61 | 32 | 0 |
Pontevedra CF | Segunda División | 1961/62 | 31 | 0 |
Pontevedra CF | Segunda División | 1962/63 | 30 | 0 |
Pontevedra CF | Primeira División | 1963/64 | 30 | 0 |
Pontevedra CF | Segunda División | 1964/65 | 33 | 0 |
Pontevedra CF | Primeira División | 1965/66 | 24 | 0 |
Pontevedra CF | Primeira División | 1966/67 | 22 | 1 |
Pontevedra CF | Primeira División | 1967/68 | 33 | 0 |
Pontevedra CF | Primeira División | 1968/69 | 27 | 0 |
Pontevedra CF | Primeira División | 1969/70 | 5 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diego Espiño (27 de marzo de 2022). "Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo". Pontevedra Viva.
- ↑ García Fernández, Avelino (21 de xaneiro de 1960). "Cholo, un puntal de la defensa granate". La Noche (en castelán) (11967). p. 4. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "El Nodales nuevo campeón de modestos". El Pueblo Gallego (en castelán) (10090). 9 de xuño de 1954. p. 7. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "El Arosa venció al Pontevedra por 2 a 0". La Noche (en castelán) (10761). 9 de setembro de 1955. p. 5. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "Diecinueve jugadores figuran, por ahora, en las listas del Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (11332). 3 de agosto de 1958. p. 11. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "El Pontevedra, en Primera División". La Noche (en castelán) (12901). 15 de abril de 1963. p. 6. Consultado o 16 de decembro de 2021.
- ↑ "En Granada, Albino debutará en Primera División con el Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de decembro de 1969. p. 15. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "En Pasarón, victoria del Las Palmas (2-3)". El Pueblo Gallego (en castelán). 6 de decembro de 1966. p. 17. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Loito no Pontevedra CF: Falece Cholo, eterno capitán e símbolo do Hai que Roelo". Pontevedra Viva. 27 de marzo de 2022. Consultado o 10 de abril de 2022.