José Luis Iglesias Lago
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1934 ![]() Vigo, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 21 de setembro de 2015 ![]() Punto Fijo, Venezuela (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Luis Iglesias Lago, nado en Vigo o 23 de novembro de 1934 e finado en Punto Fijo, Venezuela, o 21 de setembro de 2015, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Vigo emigrou coa súa familia a Venezuela, instalándose en Punto Fijo, Falcón. No país caribeño xogou no Falcón e logo no Deportivo Portugués, co que conquistou a Primeira División de Venezuela en 1960, sendo ademais o máximo goleador do campionato.[1][2]
Volveu a Galicia en 1960 fichando polo Pontevedra CF, que acababa de ascender a Segunda División. Tres anos despois conseguiu o ascenso a Primeira División, o primeiro na historia do club.
Na tempada 1963–64 debutou en Primeira División co Pontevedra, participando en 15 partidos de liga e marcando 3 goles. Foi o primeiro xogador do Pontevedra en marcarlle un gol ao Real Madrid.[3] Ocorreu na xornada 8 no Estadio Santiago Bernabéu, cando Iglesias bateu a Araquistain no minuto 53, aínda que o equipo madrileño acabou gañando o partido por 3-1 con goles de Di Stéfano, Puskás e Gento.[4] Ese ano o equipo galego descendeu a Segunda División.
Volveu participar dun novo ascenso na tempada 1964/65, na que anotou 8 goles, e ao remate da 1965–66 deixou o equipo. Disputou un total de 112 partidos co equipo granate e marcou 26 goles.
Regresou a Venezuela, onde rexentou en Punto Fijo unha tenda de xoias e regalos chamada Regalos Iberia. Faleceu en dita cidade o 21 de setembro de 2015, aos 80 anos de idade.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 7 de xuño de 1964 con María Esther Barreiro Vega na igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pérez, Eliézer. "Falcón gritó campeón en Punto Fijo y Barcelona" (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ Salcedo Leal, Carla (8 de novembro de 2014). "Deportivo Portugués: el equipo de los récords" (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Fallece en Venezuela la leyenda granate José Luis Iglesias a los 80 años" (en castelán). 22 de setembro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ "Real Madrid - Pontevedra 1963". BDFutbol (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2021.
- ↑ "Iglesias y Ribada contraen Matrimonio". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de xuño de 1964. Consultado o 31 de marzo de 2021.