El Cínife (Santiago de Compostela)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Cínife.
El Cínife | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Cínife foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1900.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario satírico e Periódico satírico semanal, apareceu o 14 de abril de 1900. Pode tratarse da continuación de El Ciclón, pola semellanza na liña editorial e porque os colaboradores coinciden. Incluía as seccións Zumbidos e Aleteos poéticos onde publicaron creacións poéticas en castelán Heraclio Pérez Placer, Enrique Labarta Pose, Francisco Porto Rey, Juan Barcia Caballero, Sofía Casanova e Pedro Sánchez Peña. Tamén apareceron algúns poemas en galego de Pedro Sánchez Peña, Adolfo Rey e dun autor que asinaba co pseudónimo Leafar. Suspendeu a súa publicación a mediados de xullo dese ano.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Idea Moderna, 20-7-1900, p. 2.