El Cabe
Aparencia
El Cabe | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Cabe foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1883 e 1885.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario de intereses generales y noticias, apareceu o 17 de febreiro de 1883. Saía á rúa normalmente os días 1, 9, 17 e 25 de cada mes. O fundador e propietario era Víctor García de Casares, que tamén era o director. Contaba coas seccións Crónica Local, Sección de Noticias, Sección de Variedades, Cosas que pasan, Correspondencia e Charadas. Cesou a súa publicación a finais de 1885 e pasou a denominarse El Valle de Lemos ao comezo de 1886.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Lucense, 2-1-1886, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 93. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 203–205. ISBN 84-8192-110-6.