El Valle de Lemos
Aparencia
El Valle de Lemos | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Valle de Lemos foi un periódico editado en Monforte de Lemos entre 1886 e 1887.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 1 de xaneiro de 1886 para substituír a El Cabe.[1] Publicábase en principio os luns, martes e venres, para despois saír á rúa cada dez días. O fundador e propietario era Víctor García de Casares, que tamén era o director. Periódico de tendencia republicano-coalicionista, cesou a súa publicación en 1887.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Lucense, 2-1-1886, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 95. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. p. 206. ISBN 84-8192-110-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.