El Correo de Celanova
El Correo de Celanova | |
---|---|
Fundación | 1893 |
Remata | 12 de maio de 1895 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Celanova |
ISSN | 2487-4302 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Correo de Celanova foi un periódico editado en Celanova entre 1893 e 1895.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico semanal, apareceu o 11 de setembro de 1893. Editábase os domingos e constaba de catro páxinas. O seu director, principal redactor e responsable, foi Luciano Meleiro Tejada, presidente da Unión Republicana de Celanova, substituído ás veces por Leopoldo Seoane. Tivo unha breve interrupción entre agosto de 1894 e febreiro de 1895 cando o seu director foi procesado por "supuesto delito de lesa majestad", e logo absolto. Cambiou o seu subtítulo por Semanario republicano. De clara tendencia republicana, tivo boas relacións con El Derecho e moi malas cos medios carlistas como La Lealtad de Valentín de Nóvoa. Publicou colaboracións de Francesc Pi i Margall e Emilio Castelar e textos de Victor Hugo. Nos seus editoriais pronunciouse pola idea da "redención social por medio de la democracia republicana" e abordou temas como a divulgación do novo socialismo, as causas do anarquismo, a emancipación da muller, o caciquismo rural, a necesidade da instrución pública, a crítica da usura e da emigración e a guerra de Marrocos, ademais da crítica da Monarquía e a defensa constante da República. Imprentábase no taller ourensán de Antonio Otero.
Prestou moita atención a Manuel Curros Enríquez, que tamén colaborou con algunhas prosas. Os textos en galego son moi escasos e os poemas publicados eran de autores non galegos (como Enrique Torno Ballester e Eulogio Jurado Fernández), e de carácter político e satírico. Editou 68 números, cesando a súa publicación o 12 de maio de 1895. Foi substituído por La Discusión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Correo de Celanova, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Correo de Celanova, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 126–127. ISBN 84-505-5721-6.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Marcos Valcárcel (20/7/2008). "Curros en ‘El Correo de Celanova’ (I)" El Correo Gallego.