El Eco Antelano
Aparencia
El Eco Antelano | |
---|---|
Fundación | 1911 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Xinzo de Limia |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco Antelano foi un periódico editado en Xinzo de Limia entre 1911 e 1912.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario Independiente, apareceu o 24 de decembro de 1911. Dirixido por José Santiago Taboada, o xefe de redacción era Ramón Villarino de Sáa e o administrador Modesto Álvarez Elices.[1] Aparecía os domingos. Era un xornal conservador e clerical que contiña información xeral, cultural, relixiosa e textos literarios e poemas. Entre os seus colaboradores figuraron César Tejada, Luis Otero Pérez, Luciano Bello, Francisco Seijo, Modesto Álvarez Elices, Luis Sánchez, Arturo Salgado Biempica e Xavier Bóveda. Cesou a súa publicación en abril de 1912.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Región, 27-12-1901, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco Antelano, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Eco Antelano, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". ISBN 84-689-5317-2.