Saltar ao contido

Ramón Villarino de Sáa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Villarino de Sáa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Ramón Villarino de Saá Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1890 Editar o valor en Wikidata
Xinzo de Limia, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

7 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Ourense
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xornalista, escritor, xurista, avogado Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1483825 BUSC: villarino-de-saa-ramon

Ramón Villarino de Sáa, nado en Xinzo de Limia en 1890 e finado en Ourense o 27 de marzo de 1959[1], foi un xurista, escritor, xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi redactor-xefe de El Eco Antelano (1911-1912). En 1912 trasladouse a Madrid para facer a carreira de dereito; ao rematar deu conferencias no Ateneo de Madrid. Volveu a Ourense onde e traballou como avogado do Estado e dirixiu El Diario de Orense e colaborou en La Centuria e La Región. Formaba parte dos afíns á corrente calvosotelista. Durante a República formou parte do Comité Provincial de Acción Popular en Ourense e nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado por Ourense pola CEDA. Despois da Guerra civil, foi avogado do bispado de Ourense.

Casado con Araceli Anta Novoa, foron os últimos propietarios do pazo de Chaioso.

  • Égloga de amor, 1911.
  • La última merced, 1915.
  • El pájaro negro, 1917. Chegou a estrearse en Ourense o 10 de maio de 1917.
  • Piedras galaya, 1918.
  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 31-3-1959, p. 13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". ISBN 84-689-5317-2.