El Eco de Vivero
El Eco de Vivero | |
---|---|
Fundación | 1888 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Viveiro |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de Vivero foi un semanario editado en Viveiro de 1888 a 1908.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de intereses locales, apareceu o 29 de xullo de 1888. O seu fundador e propietario foi Teodoro Botino Castro, e posteriormente pasou a mans de T. Ignacio Botino Gayoso. Foi dirixido por Severiano López Tojo, ao que sucederon Plácido Moas Cotilla e Jesús Noya González. Entre os seus colaboradores figuraban Camelia Cociña, Emilio Tapia Rivas, Alfredo García Dóriga, Antonio Noriega Varela, Víctor de Silva Posada e José Pérez Barreiro. No ámbito político foi rival de El Vivariense, periódico caciquil. Tiña seccións dedicadas á historia local e á literatura e destacou como publicación cultural. Cando Jesús Noya se fixo coa dirección foi publicando en forma de folletín os Apuntes para la historia de Vivero. Cesou a súa publicación o 26 de decembro de 1908. Foi substituído por La Voz de Vivero.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco de Vivero, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Dobarro, Xosé María, Fandiño, Xosé Ramón et al. (2005). "Eco de Vivero, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Donapétry Yribarnégaray, Juan (1953). Historia de Vivero y su concejo. p. 361-362.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.