El Eco de la Verdad
Aparencia
El Eco de la Verdad | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1868 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco de la Verdad foi un periódico editado en Santiago de Compostela entre 1868 e 1869.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Revista semanal, científica y literaria, apareceu o 7 de marzo de 1868. Publicábase os sábados. Órgano do tradicionalismo compostelán máis clerical, de simpatía carlista. Dirixido por Antonio López Ferreiro e editado por José María Paredes, entre os seus colaboradores figuraron Narciso Cepedano, Ovilo y Otero, Fernando de la Vega, Oviedo Arce, Miguel Eleizequi e José Lafuente. Tiña seccións agrícolas, instrutivas, relixiosas, recreativas, de antigüidades ou variedades, artigos históricos, científicos, bibliográficos, relixiosos e de investigación. O último número coñecido é o 66, que se publicou o 22 de xuño de 1869.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Eco de la Verdad, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Xosé María Dobarro, Xosé Ramón Fandiño et al. (2005). "Eco de la Verdad, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.