El Grito del Pueblo (Pontevedra)
El Grito del Pueblo | |
---|---|
Fundación | 1901 |
Remata | 28 de maio de 1905 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Grito del Pueblo foi un periódico editado en Pontevedra entre 1901 e 1905.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 17 de xaneiro de 1901 co subtítulo Bisemanario Republicano, ata o número 103, do 12 de xaneiro de 1902, que comezou a subtitularse Semanario Republicano de Pontevedra, volvendo ao encabezamento orixinario no número 241. Inicialmente saía dúas veces por semana e dende o número 103 apareceu unicamente os domingos. Cando volveu ser bisemanal saíu os xoves e domingos. De ideoloxía republicana, foi fundado e dirixido por José Juncal Verdulla e tamén tivo como director a Joaquín Poza Cobas. Incluíu artigos políticos, novas do concello e na sección literaria colaboraron Aureliano Pereira, Manuel Curros Enríquez e Enrique Labarta Pose. Cesou a súa edición o 28 de maio de 1905 co número 259. Foi substituído por La Acción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Grito del pueblo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Grito del pueblo, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.