La Acción (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Acción.
La Acción | |
---|---|
Localidade | Pontevedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Acción foi un semanario republicano editado en Pontevedra entre 1905 e 1906.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 11 de febreiro de 1905, continuando o labor de El Grito del Pueblo. Foi o seu director José Juncal Verdulla e entre os seus redactores estaba Emiliano Iglesias. Anticaciquista e anticlerical, o periódico desapareceu co número 55 o 22 de febreiro de 1906 como consecuencia das tensións entre lerrouxistas e unionistas de Salmerón. Foi substituído por La Libertad.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Durán, José Antonio (1974). Cronicas 1. Agitadores, poetas, caciques, bandoleros y reformadores en Galicia. Arealonga (en castelán). Akal.
- —————— (2005). "Acción, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández Pulpeiro, Juan Carlos (1981). Apuntes para la historia de la prensa del siglo XIX en Galicia. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-082-5.
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 19. ISBN 84-8288-137-X.