Saltar ao contido

El Heraldo Gallego (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Heraldo Gallego

Editar o valor en Wikidata
Fundación15 de setembro de 1905
Remata1950
FundadorJulio de la Cuesta
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeBuenos Aires
Descrito porGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal
Na rede
Galiciana: 3876
editar datos en Wikidata ]

El Heraldo Gallego foi un semanario editado en Buenos Aires de 1906 a 1950.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano de las colectividades gallegas en el Plata, apareceu o 15 de setembro de 1906. Estaba dirixido por Julio de la Cuesta e Ricardo Valcarce era o subdirector. Ofrecía información sobre Galicia e a colectividade emigrada no Río da Prata. Incluía colaboracións literarias na sección "Páxina enxebre". Redactada maioritariamente en castelán, entre os seus colaboradores figuraban Antonio Noriega Varela, Antón Villar Ponte, Avelino Rodríguez Elías, Manuel Linares Rivas, Fortunato Cruces, Isaac de Montenegro e Galo Salinas. En 1932 apareceu cun novo subtítulo: El periódico gallego de mayor circulación en la Argentina y el Uruguay. Cesou a súa publicación en 1950.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]