El Pensamiento Galaico
El Pensamiento Galaico | |
---|---|
Fundación | 3 de abril de 1888 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Descrito por | Apuntes bibliográficos de la prensa carlista |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Pensamiento Galaico foi un periódico carlista editado en Santiago de Compostela entre 1888 e 1895.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario católico-tradicionalista, apareceu o 3 de abril de 1888. Foi continuación de El Pensamiento Gallego consignando na súa cabeceira Segunda Época e na numeración o número 380.[1] Continuou defendendo a causa carlista. Dirixido por Juan Vázquez de Mella e Constantino Moreira Martínez. A partir de outubro de 1888 a redacción de El Pensamiento Galaico publicou unha revista co título El Pensamiento Gallego[2]. O 11 de outubro de 1889 cederon a propiedade e a dirección a Antonio García Mosquera. Logo da marcha de Vázquez de Mella o director foi Mariano Jamardo, continuando Antonio García Mosquera como administrador. Entre os seus redactores estaban Carlos Adrán Botana e Jesús Fernández Suárez. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns como as novelas A tecedeira de Bonaval[3] e O castelo de Pambre, de Antonio López Ferreiro. Foi substituída en novembro de 1895 por El Pensamiento Gallego. En 1898 apareceu El Pensamiento de Galicia como continuador dos dous anteriores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 4-4-1888, p. 3.
- ↑ Segundo unha información publicada en Gaceta de Galicia, 26-9-1888, p. 3.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Galaxia. p. 452. ISBN 84-8288-365-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pensamiento Galaico, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Pensamiento Galaico, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Palomares Ibáñez, Jesús María (1983). "Prensa y política en Galicia: la prensa periódica compostelana (1875-1936)". Investigaciones históricas: Época moderna y contemporánea (en castelán) (Universidade de Valladolid) (4): 391–430.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.