Saltar ao contido

El Pueblo Antelano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Pueblo Antelano
editar datos en Wikidata ]

El Pueblo Antelano foi un periódico editado en Xinzo de Limia en 1925.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 13 de xullo de 1925. Dirixido por Antonio Nieto Oliva e Luis Seijo Villarino. Periódico quincenal de posible orientación republicana, non publicou crónicas políticas, está dedicado a traballos literarios e á defensa da variante do ferrocarril Zamora-Santiago por Allariz, Xinzo e Verín. Entre os seus colaboradores figuraron José Vidal de Bustamante, Leopoldo Álvarez González, Miguel Hervella Urdániz, Eduardo Ramos, Celso Nieto Oliva, José Luis Parente, Delmiro A. Morgade, Mario Canda, Emilio Canda, Lino Arcos García e Martínez Bueno. Cesou a súa publicación o 10 de novembro dese ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Cerredelo, Edelmiro (2005). A prensa en Xinzo de Limia: Século XX (1911-1925). Xinzo de Limia: Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso". pp. 50–52. ISBN 84-689-5317-2.