Emilio Canda Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Ribadavia, España |
Morte | 10 de outubro de 1998 (86/87 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Familia | |
Pai | Emilio Canda Adán |
Irmáns | Mario Canda |
Emilio Canda Pérez, nado en Ribadavia en 1911 e finado en Madrid o 10 de outubro de 1998[1], foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Emilio Canda Adán. Foi redactor-xefe de Vida Gallega dende 1929 e, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, redactor-xefe e director do periódico falanxista ourensán Rumbo (1937), que despois cambiou o seu nome a Arco. Dirixiu a revista pontevedresa Mar, de Ediciones Céltiga, foi un dos fundadores, e despois director de Finisterre (1943) con Sabino Torres e Celso Emilio Ferreiro e en 1945 fundou a revista Ciudad que tamén dirixiu. Trasladouse a Madrid, dirixiu a revista Crítica e en 1954 fundou e dirixiu Ilustración Gallega. Como autor dramático estreou en Vigo en 1940 a comedia Maese Recuerdo e obtivo o Premio Nacional de Teatro en 1965 pola comedia Caminos de Damasco. Tamén foi guionista de cine.
Obras
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]- En un cuarto de hora. Comedia en tres actos, 1941.
- Caminos de Damasco. Comedia dramática en dos actos, 1965.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Consigna. Memorias de un Alférez Provisional, 1942.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Moreno en 1952.