Saltar ao contido

Finisterre (Pontevedra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Finisterre

Editar o valor en Wikidata
Fundación1943
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadePontevedra
ISSN2340-4345
Na rede
Galiciana: 580686 HemBNE: 0059481596
editar datos en Wikidata ]

Finisterre foi un periódico editado en Pontevedra entre 1943 e 1946.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Revista de Galicia, apareceu o 1 de setembro de 1943. Fundada e dirixida por Emilio Canda Pérez, o redactor xefe era Celso Emilio Ferreiro e Sabino Torres e Emilio Álvarez Negreira foron os redactores. Con vocación literaria, acolleu biografías de persoeiros da cultura galega (Martín Sarmiento, Macías o Namorado, o cura de Fruíme, Francisco Añón, Valle Inclán), ensaios, recensións literarias e creacións en prosa e en verso. Tamén apareceron artigos sobre antropoloxía, historia, xeografía, deporte, temas científicos e información sobre a actualidade pontevedresa. Publicou un dicionario ilustrado con cantigas populares. Entre os seus colaboradores figuraron Álvaro Cunqueiro, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xosé Filgueira Valverde, Benito Varela Jácome e Manuel Blanco Tobío. E tiña ilustracións de Laxeiro, Manuel Castro Gil e Landín e fotografías de Ksado, Jaime Pacheco e Luís Pintos Fonseca.

Tivo unha segunda etapa a principios de 1946, cando pasou a editarse en Madrid, pero continuou interesándose por temas galegos e acollendo artigos dos escritores de Galicia. No primeiro número publicou os seis poemas en galego de Federico García Lorca, artigos de Camilo José Cela e Álvaro Cunqueiro. Camilo José Cela foi director da revista durante uns meses de 1947. Esta segunda etapa non chegou ao ano de vida. Comezou unha nova etapa baixo a dirección de Leopoldo Eulogio Palacios pero só conseguiu sacar dez números máis.

Foi o primeiro periódico no que se publicaron textos en galego despois da Guerra civil española, ademais de recuperar poemas inéditos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Marcial Valladares e Alberto Camino, na sección titulada "Oro viejo".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]