Saltar ao contido

Emilio Canda Adán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Canda Adán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoA Lama, España Editar o valor en Wikidata
Morteabril de 1938 Editar o valor en Wikidata
Ribadavia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosEmilio Canda Pérez, Mario Canda Editar o valor en Wikidata

BUSC: canda-emilio

Emilio Canda Adán, nado na Lama e finado en Ribadavia en abril de 1938, foi un xornalista, escritor e empresario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou nos Seminarios de Tui e Ourense. Foi fundador e director do Colexio Balmes de Vigo e despois creou outros en Fornelos de Montes e Ribadavia (1907). Como xornalista formou parte da redacción de El Criterio Gallego e El Independiente e colaborou en La Revista Popular e El Áncora de Pontevedra, La Integridad, El Lucense, Diario de Galicia e Aires d'a miña terra de Buenos Aires. Instalado en Ribadavia fundou e dirixiu Noticiero del Avia entre 1910 e 1937, onde, segundo Carballo Calero, asinaba unha sección de contido satírico titulada "Paliques". Finou en Ribadavia en abril de 1938.[1]

Publicou en castelán as novelas Argentina (1895) e Luz y sombra (Cuentos y novelitas) (1901). En galego é autor de dous relatos que apareceron na Revista Gallega: "¡Olla...!" (1888) e "O señor Pedro" (1898).

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Ribadavia con Sofía Pérez en 1898 e foi pai de Emilio e Mario Canda Pérez.

  1. Noticia en Diario de Pontevedra, 19-4-1938, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 156. ISBN 978-84-8457-448-4.