El Rebelde (Pontevedra)
El Rebelde (Pontevedra) | |
---|---|
Localidade | Pontevedra |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Rebelde, foi un periódico editado en Pontevedra entre 1913 e 1914.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Un sector do Partido Republicano Radical de Pontevedra amosouse en desacordo coa moderación do partido e un grupo de militantes fundaron o Partido Radical Autónomo de Pontevedra, que ingresou na conxunción republicano-socialista. A raíz da visita a Pontevedra do líder radical Alejandro Lerroux en maio de 1913, os militantes do Partido Radical Autónomo protagonizaron unha protesta contra Lerroux na ponte da Barca.[1] Para contrarrestar o órgano do partido, La Libertad, editaron o periódico El Rebelde, subtitulado Quincenario Republicano Radical, que apareceu o 15 de xuño de 1913. A partir do número 9, do 15 de outubro, cambiou o seu título por Rebelde co subtítulo Quincenario Republicano Radical Autónomo,[2] e dende o número 12, do 1 de decembro, pasou a ser Quincenario de la Unión Republicana. Dirixido por Manuel Torres Iglesias, o administrador era Bernardino González Paz.[3] Por un artigo publicado no número 12 o seu director foi demandado por calumnia e inxurias graves ao marqués de Riestra.[4][5] Foi suspendido por orde gobernativa en marzo de 1914.[6] O director, Manuel Torres, foi procesado e xulgado en febreiro de 1916 por inxurias e calumnias a Ángel Míguez.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 13 de decembro de 2013.
- Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo: A Nosa Terra. p. 786. ISBN 84-96403-74-2.