Manuel Torres Iglesias
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontevedra, España |
Morte | década de 1930 Pontevedra, España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Pontevedra |
Ocupación | zapateiro, político, xornalista |
Pseudónimo literario | Rachaila |
Manuel Torres Iglesias, coñecido como Rachaila, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade nos anos trinta, foi un zapateiro e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zapateiro en Pontevedra. Republicano, foi director de El Rebelde. Foi acusado de calumnias e inxurias por un artigo contra o marqués de Riestra en decembro de 1914,[1] e procesado en xaneiro de 1915,[2] sendo condenado a 3 meses de arresto e 250 pesetas de multa e 3 anos, 6 meses e 21 días de desterro.[3] Foi perdoado polo marqués.[4] Segundo El Progreso pasouse ao campo monárquico en novembro de 1915.[5] Volveu ser procesado e xulgado en febreiro de 1916 por inxurias e calumnias a Ángel Míguez.[6]