El palacio de la medianoche
El palacio de la medianoche | |
---|---|
Título orixinal | El palacio de la medianoche |
Autor/a | Carlos Ruiz Zafón |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Fantasía |
Data de pub. | 1994 |
Precedido por | O príncipe da brétema |
Seguido por | Las luces de septiembre |
[ editar datos en Wikidata ] |
El palacio de la medianoche é unha novela de aventuras e fantasía, escrita polo autor barcelonés Carlos Ruiz Zafón, posteriormente recopilado na Trilogía de la Niebla, xunto a O príncipe da brétema e Las luces de septiembre.
Argumento
[editar | editar a fonte]Ben e Sheere son dous irmáns xemelgos cuxas vidas tomaron camiños distintos tralo seu nacemento: ela seguiu unha vida errante xunto coa súa avoa, Aryami Bosé, e el pasou a súa infancia nun orfanato. Ambos reencóntranse cando están a piques de cumprir os dezaseis anos: xuntos teñen que evitar caer en mans de Jawahal, un diabólico espectro. Para iso, os mozos contarán coa axuda da Chowbar Society, entidade formada por Ben e outros seis orfos que se reúnen no "Palacio de la Medianoche" e que se prometeron axuda e protección en toda circunstancia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Principais
[editar | editar a fonte]- Ben: É a personaxe principal da historia. Ó nacer foi abandonado pola súa avoa nun orfanato. É o líder da Chowbar Society que ten con outros rapaces.
- Sheere: É a irmá de Ben. Vive coa súa avoa. Viaxan por toda Calcuta. Ela non ten ningunha lembranza dos seus pai.
- Jawahal: É o malo da novela. Persegue ós protagonistas porque xurou matar ós seus pais.
Secundarios
[editar | editar a fonte]- Mr. Thomas Carter: É o director do Orfanato St. Patrick.
- Vendela: É a enfermeira do Orfanato St. Patrick.
- Bankim: Un profesor que outrora foi alumno do Orfanato.
- Lahawaj Chandra Chatterghe: É o pai de Ben e Sheere
Chowbar Society
[editar | editar a fonte]- Ian: É o mellor amigo de Ben.
- Seth: É o que máis le.
- Michael: É o máis calado da Chowbar Society.
- Siraj: É o máis espelido de todos.