Saltar ao contido

Elas, levarónnos ao espazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Elas, levarónnos ao espazo
Título orixinalElas, levarónnos ao espazo
Autor/aNieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández
Ilustrador/aMeliMolita
OrixeGalicia
Linguagalego
Xénero(s)divulgación científica e biografía
Data de pub.2022
Páxinas38
ISBN978-84-8158-952-8
editar datos en Wikidata ]

Elas, levarónnos ao espazo é un libro ilustrado de Nieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández, con deseños de MeliMolita, que dá a coñecer as biografías de doce mulleres enxeñeiras ou científicas.[1] O volume, publicado en 2022, ten a súa orixe na exposición As mulleres que nos levaron á Lúa, organizada pola Universidade de Vigo.

Recentemente, publicaronse unha serie de píldoras divulgativas que, a través de vídeos de animación de entre dous e tres minutos, contan a historia dalgunhas destas mulleres relevantes na exploración espacial. [2]

Obxectivo

[editar | editar a fonte]

Tanto a exposición coma o libro naceron co fin de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino[3].[4] Entre as mulleres biografadas están as que contribuíron a facer posible a misión Apollo 11 e galegas como Begoña Vila, astrofísica da NASA e supervisora de instrumentos do telescopio espacial James Webb.

  1. "Elas, leváronnos ao espazo". iacobus.usc.gal (en inglés). Consultado o 2024-11-16. 
  2. Stadler, Marta Macho (2024-11-08). "Exploradoras del Universo". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2024-11-16. 
  3. "Elas leváronnos ao espazo | Universidade de Vigo". www.uvigo.gal. Consultado o 2023-02-26. 
  4. REDACCIÓN (2022-12-22). "Un libro ilustrado recopila los referentes femeninos en la carrera espacial". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-02-26. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]