Saltar ao contido

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 Editar o valor en Wikidata
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024
 ← 2019 Editar o valor en WikidataUnión Europea Editar o valor en Wikidata 2029 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  → 
Dataxuño de 2024 Editar o valor en Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento Europeo Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido720 eurodeputado ≈ X lexislatura do Parlamento Europeo. Duración do mandato: 5 Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialelections.europa.eu Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
<1
2>
EPP  — Ursula von der Leyen
0
Deputado 172 → 176 Número de escanos 4
<1
2>
PES  — Nicolas Schmit
0
Deputado
<1
2
3>
Renew  — Marie-Agnes Strack-Zimmermann, Valérie Hayer, Sandro Gozi
0
Deputado
ECR Party
0
Deputado
Patriots.eu
0
Deputado
<1
2
3>
European Greens  — Bas Eickhout, Terry Reintke
0
Deputado
<1
2>
PEL  — Walter Baier
0
Deputado
EFA  — Maylis Roßberg, Raül Romeva
0
Deputado
<1
2
3>
Volt  — Damian Boeselager, Sophie in 't Veld
0
Deputado
<1
2>
ECPM  — Valeriu Ghilețchi
0
Deputado
APEU
0
Deputado
Pirates  — Anja Hirschel, Marcel Kolaja
0
Deputado

Editar o valor en Wikidata
Elección do presidente da Comisión Europea de 2024 Editar o valor en Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Ursula von der LeyenUrsula von der Leyen Editar o valor en Wikidata

As eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 tiveron lugar entre o 6 e o 9 de xuño[1] de 2024 en todos os estados membros da Unión Europea, para dar lugar á X lexislatura europea. Tamén foron as primeiras eleccións após o Brexit.[2][3] Nelas votouse por sufraxio universal, directo, libre e segredo os eurodeputados que integran o Parlamento Europeo e que representan a cidadanía europea no período comprendido entre 2024 e 2029. Esta cámara foi a responsable de nomear o presidente da Comisión Europea, a proposta do Consello Europeo en función dos resultados das eleccións, por maioría cualificada.[4]

O número de deputados previstos para a X lexislatura do Parlamento Europeo foi de 720 escanos, repartíndose os 73 que tiña o Reino Unido, despois da súa saída da Unión Europea, entre diversos países como España, Francia, Italia e os Países Baixos e reservándose 31 escanos para futuras ampliacións da unión.[5][6]

O 9 de xuño de 2024, o Partido Popular Europeo liderado por Ursula von der Leyen obtivo o maior número de escanos no Parlamento Europeo.[7] Os partidos liberais e verdes sufriron importantes perdas, mentres que varios partidos novos ou non inscritos gañaron escanos no parlamento.

En Galicia, o PP e o BNG subiron en votos, acadando o 43% e 16% respectivamente, o PSdeG baixou en apoios e logrou un 27% de sufraxios.[8]

Sistema electoral

[editar | editar a fonte]

373 millóns de votantes puideron elixir 720 eurodeputados, distribuídos segundo a poboación de cada estado, sendo Alemaña o que máis escanos ten, 96 escanos, seguido de Francia con 81, mentres que Malta, Chipre e Luxemburgo só obteñen seis cada un.[9] Os estados membros da Unión Europea elixiron, segundo as súas leis nacionais, que sistema electoral utilizaban para repartir os escanos que tiñan asignados. Por exemplo, países como España, Portugal, Alemaña ou Grecia teñen unha única circunscrición mentres que Irlanda, Francia, Bélxica ou Italia dividen o seu territorio en varias circunscricións para elixir candidatos.

A idade mínima para votar era de 18 anos na maior parte da Unión Europea, agás en Alemaña, Austria, Bélxica e Malta, que a fixaron en 16 anos, Croacia e Eslovenia, que tamén a fixaron en 16 anos para aqueles que traballan, Hungría en caso de ter 16 anos e estar casado, e Grecia que o situou en 17 anos.[10][11] Para ser candidato, a cifra tamén se fixou en 18 anos agás en Bélxica, Bulgaria, República Checa, Irlanda, Letonia, Lituania, Polonia, Eslovaquia, Estonia e Chipre que a fixaron en 21 anos, Romanía que a fixou en 23 anos, e Grecia e Italia que a situaron en 25 anos.

Finalmente, a barreira electoral tamén difería segundo o país. 10 países non estabeleceron un límite, Chipre fixouno no 1,8%, Grecia nun 3%, os Países Baixos nun 3,2% aproximadamente, Austria, Italia e Suecia nun 4%, Bélxica, Francia, República Checa, Letonia, Lituania, Polonia, Eslovaquia, Hungría, Romanía e Croacia situárono nun 5% e Bulgaria nun 5,9% aproximadamente.

Estado membro Idade de votación Voto obrigatorio Voto ausente Idade mínima do candidato Circunsc. Limiar mínimo Sistema electoral
Listas Distribución
Alemaña Alemaña 16 Non Correo 18 1 Pechada Sainte-Laguë
Austria Austria 16 Non Correo 18 1 4% Semiaberta D'Hont
Bélxica Bélxica 16 Si Correo e por representación 21 3 5% Semiaberta D'Hont
Bulgaria Bulgaria 18 Non 21 1 ~5,9% Semiaberta Hamilton
República Checa República Checa 18 Non 21 1 5% Semiaberta D'Hont
Chipre Chipre 18 Si 21 1 1,8% Aberta Hamilton
Croacia Croacia 18 Non 18 1 5% Semiaberta D'Hont
Dinamarca Dinamarca 18 Non Correo 18 1 Aberta D'Hont
Eslovaquia Eslovaquia 18 Non 21 1 5% Semiaberta Hamilton
Eslovenia Eslovenia 18 Non Correo 18 1 Semiaberta D'Hont
España España 18 Non Correo 18 1 Pechada D'Hont
Estonia Estonia 18 Non Correo e por representación 21 1 Aberta D'Hont
Finlandia Finlandia 18 Non Correo 18 1 Aberta D'Hont
Francia 18 Non Correo 18 1 5% Pechada D'Hont
Grecia Grecia 17 Si 25 1 3% Aberta Hamilton
Hungría Hungría 18 Non Correo 18 1 5% Pechada D'Hont
Irlanda Irlanda 18 Non 21 3 Voto único transferible
Italia Italia 18 Non 25 5 4% Aberta Hamilton
Letonia Letonia 18 Non Correo 21 1 5% Aberta Sainte-Laguë
Lituania Lituania 18 Non Correo 21 1 5% Aberta Hamilton
Luxemburgo Luxemburgo 18 Si Correo 18 1 Panachage D'Hont
Malta Malta 16 Non 18 1 Voto único transferible
Países Baixos Países Baixos 18 Non Correo e por representación 18 1 ~3,2% Semiaberta D'Hont
Polonia Polonia 18 Non 21 1 5% Aberta D'Hont
Portugal Portugal 18 Non 18 1 Pechada D'Hont
Romanía Romanía 18 Non 23 1 5% Pechada D'Hont
Suecia Suecia 18 Non Correo 18 1 4% Semiaberta Sainte-Laguë modificado

Número de escanos a elixir

[editar | editar a fonte]

As eleccións de 2024 repartiron 720 deputados ao Parlamento Europeo nos 27 estados membros da Unión Europea, 15 escanos máis dos que había ao final da IX lexislatura do Parlamento Europeo.[6]

Distribución de escanos nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 (en comparación coa distribución post-Brexit)
Estado membro Escanos Dif. Estado membro Escanos Dif. Estado membro Escanos Dif.
Alemaña Alemaña 96 Grecia Grecia 21 Irlanda Irlanda 14 1 Crecente (crecemento)
Francia 81 2 Crecente (crecemento) Hungría Hungría 21 Croacia Croacia 12
Italia Italia 76 Portugal Portugal 21 Lituania Lituania 11
España España 61 2 Crecente (crecemento) Suecia Suecia 21 Letonia Letonia 9 1 Crecente (crecemento)
Polonia Polonia 53 1 Crecente (crecemento) Austria Austria 20 1 Crecente (crecemento) Eslovenia Eslovenia 9 1 Crecente (crecemento)
Romanía Romanía 33 Bulgaria Bulgaria 17 Estonia Estonia 7
Países Baixos Países Baixos 31 2 Crecente (crecemento) Finlandia Finlandia 15 1 Crecente (crecemento) Chipre Chipre 6
Bélxica Bélxica 22 1 Crecente (crecemento) Dinamarca Dinamarca 15 1 Crecente (crecemento) Luxemburgo Luxemburgo 6
República Checa República Checa 21 Eslovaquia Eslovaquia 15 1 Crecente (crecemento) Malta Malta 6
Total: 720 15 Crecente (crecemento)

Datas das eleccións

[editar | editar a fonte]

As eleccións celebráronse en diversas datas nos distintos estados membros da Unión Europea, sempre dentro do prazo de catro días acordados polo Parlamento Europeo, e que nesta ocasión foi do xoves 6 ao domingo 9 de xuño.[12] Este foi o calendario para as eleccións de 2024:

6 de xuño 7 de xuño 8 de xuño 9 de xuño
Países Baixos. República Checa. Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia metropolitana, Grecia, Hungría, Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia e Chipre.
Irlanda. Circunscrición de Ultramar de Francia, Letonia, Malta e Eslovaquia.
Italia.

Escrutinio

[editar | editar a fonte]

Ata a hora de peche dos colexios electorais no último estado da Unión Europea non se puideron dar a coñecer os resultados, aínda que os colexios electorais pecharan días antes.

Resultados

[editar | editar a fonte]
Grupo Escanos +/-
Partido Popular Europeo (grupo parlamentario) 188 +1
Alianza Progresista de Socialistas e Demócratas 136 -12
Patriotas por Europa 84 +8
Conservadores e Reformistas Europeos 78 +16
Renovar Europa 77 –20
Os Verdes/Alianza Libre Europea 53 -14
A Esquerda no Parlamento Europeo – GUE/NGL 46 +6
Europa das Nacións Soberanas 25 +25
Non inscritos e outros 33 -24
Total 720 +15
Fonte:Páxina oficial das eleccións (data de acceso: 14 de xuño).[13]

Partidos europeos

[editar | editar a fonte]
Grupo Escanos +/-
Partido Popular Europeo 171 –6
Partido Socialista Europeo 129 –7
Partido dos Conservadores e Reformistas Europeos 58 +6
Partido da Alianza dos Liberais e Demócratas por Europa 58 -13
Partido Identidade e Democracia 57 -19
Partido Verde Europeo 42 -12
Partido da Esquerda Europea 29 +1
Partido Demócrata Europeo 9 -1
Alianza Libre Europea 7 0
Volt Europa 5 +4
Movemento Político Cristián Europeo 4 0
Acción Comunista Europea 2 0
Animal Politics EU 2 -1
Partido Pirata Europeo 1 -3
Outros 146 +36
Total 720 +15 [a]
Fonte:Páxina oficial das eleccións europeas (consultado o 14 de xullo de 2024)

Por país

[editar | editar a fonte]

A menos que se indique o contrario, mostra a distribución de asentos segundo a páxina de resultados do Parlamento Europeo.[14]

Estado Grupo político Escanos
Grupo PPE SeD Patriotas CRE Renovar V/ALE Esquerda ENS Non inscritos[b]
Alemaña Alemaña 23 (CDU)
6 (CSU)
1 (ÖDP)
1 (FAMILIE)
±0
±0
±0
±0
14 (SPD) −2 5 (FDP)
3 (FW)
±0
+1
12 (B90/Grüne)
3 (Volt)
-9
+2
3 (Linke)
1 (Tierschutz)
−2
±0
14 (AfD)[c] +3 6 (BSW)
2 (PARTEI)
1 (AfD)
1 (PdF)
+6
+0
±1
+1
96
Austria Austria 5 (ÖVP) -2 5 (SPÖ) ±0 6 (FPÖ) +3 2 (NEOS) +1 2 (Grüne) −1 20
Bélxica Bélxica 2 (CD&V)
1 (CSP)
±0
±0
2 (Vooruit)
2 (PS)
+1
±0
3 (VB) ±0 3 (N-VA) ±0 3 (MR)
1 (Open VLD)
1 (LE)
+1
−1
±0
1 (Groen)
1 (Ecolo)
±0
-1
2 (PTB) +1 22
Bulgaria Bulgaria 5 (GERB–SDS)
1 (PP-DB: DSB)
-1
±0
2 (BSP) -3 1 (ITN) +1 3 (DPS)
2 (PP-DB: PP)
±0
+2
3 (Renacemento) +3 17
República Checa República Checa 2 (SPOLU: TOP 09)
1 (SPOLU: KDU-ČSL)
2 (STAN)
±0
-1
+1
7 (ANO)
2 (Přísaha–AUTO)
+1
+2
3 (SPOLU: ODS) -1 1 (Piráti) -2 1 (SPD) -1 2 (Stačilo!) +1 21
Chipre Chipre 2 (DISY) ±0 1 (DIKO) ±0 1 (ELAM) +1 1 (AKEL) -1 1 (Fidias) +1 6
Croacia Croacia 6 (HDZ) +2 4 (SDP) ±0 1 (DP) +1 1 (Možemo!) +1 12
Dinamarca Dinamarca 1 (C)
1 (I)
±0
+1
3 (A) ±0 1 (O) ±0 1 (Æ) +1 2 (V)
1 (B)
1 (M)
-2
-1
+1
3 (F) +1 1 (Ø) ±0 15
Eslovaquia Eslovaquia 1 (KDH) −1 6 (PS) +4 1 (República)[d].[16] +1 5 (Smer)
1 (República)
1 (Hlas)
+2
+1
+1
15
Eslovenia Eslovenia 4 (SDS)
1 (NSi)
+2
±0
1 (SD) -1 2 (Svoboda) ±0 1 (Vesna) +1 9
España España 22 (PP) +9 20 (PSOE) -1 6 (Vox) +2 1 (CEUS) ±0 1 (AR: ERC)
1 (AR: BNG)
1 (Sumar: Comuns)
1 (Sumar: Compromís)
-1
+1
±0
+1
2 (Podemos)
1 (AR: EH Bildu)
1 (Sumar: SMR)
−1
±0
+1
3 (SALF)
1 (Junts)
+3
–2
61
Estonia Estonia 2 (Isamaa) +1 2 (SDE) ±0 1 (EKRE)[e] ±0 1 (RE)
1 (KE)
-1
±0
7
Finlandia Finlandia 4 (Kok.) +1 2 (SDP) ±0 1 (PS) -1 2 (Kesk)
1 (SFP)
±0
±0
2 (VIHR) -1 3 (Vas.) +2 15
Francia 6 (LR) −2 13 (PS-PP) +7 30 (RN) +7 4 (R!)[f] +4 13 (Ensemble) -10 5 (LE) -8 9 (FI) +3 1 (R!) +1 81
Grecia Grecia 7 (ND) -1 3 (PASOK-KINAL) +1 1 (FL) +1 2 (EL) +1 4 (Syriza) -2 2 (KKE)
1 (NIKI)
1 (PE)
±0
+1
+1
21
Hungría Hungría 7 (TISZA) +7 2 (DK-MSZP-P) −3 11 (Fidesz–KDNP) −2 1 (MHM) +1 21
Irlanda Irlanda 4 (FG) -1 1 (Lab) +1 4 (FF)
1 (II)
1 (McNamara)
+2
+1
+1
2 (SF)
1 (Flanagan)
+1
±0
14
Italia Italia 8 (FI)
1 (SVP)
+1
±0
21 (PD) +2 8 (Lega) -21 24 (FdI) +18 4 (AVS: EV) +4 8 (M5S)
2 (AVS: SI)
–6
+2
76
Letonia Letonia 2 (JV) ±0 1 (Saskaņa) -1 1 (LPV) +1 2 (NA)
1 (AS)
±0
+1
1 (LA) ±0 1 (P) +1 9
Lituania Lituania 3 (TS–LKD) ±0
+1
2 (LSDP) ±0 1 (LVŽS)
1 (LLRA-KŠS)
-1
±0
1 (LP)
1 (LS)
+1
±0
1 (DSVL) +1 1 (LCP) +1 11
Luxemburgo Luxemburgo 2 (CSV) ±0 1 (LSAP) ±0 1 (ADR) +1 1 (DP) -1 1 (Gréng) ±0 6
Malta Malta 3 (PN) +1 3 (PL) -1 6
Países Baixos Países Baixos 3 (CDA)
2 (BBB)
1 (NSC)
−1
+2
+1
4 (GroenLinks–PvdA: PvdA) -2 6 (PVV) +6 1 (SGP) 0 4 (VVD)
3 (D66)
±0
+1
4 (GroenLinks–PvdA: GL)
2 (Volt)
+1
+2
1 (PvdD) ±0 31
Polonia Polonia 21 (KO)
2 (TD: PSL)
+7
-1
3 (Lewica) -5 20 (PiS-SP) -7 1 (TD: PL2050) +1 3 (KWiN: NN) +3 2 (KWiN): RN
1 (KWiN): KKP
+2
+1
53
Portugal Portugal 7 (AD) ±0 8 (PS) -1 2 (CH) +2 2 (IL) +2 1 (BE)
1 (CDU)
−1
-1
21
Romanía Romanía 8 (CNR: PNL)
2 (UDMR)
−2
±0
11 (CNR: PSD) +2 6 (Alianza AUR) +6 3 (ADU) -6 1 (Ștefănuță) +1 2 (SOS) +2 33
Suecia Suecia 4 (M)
1 (KD)
±0
-1
5 (S) ±0 3 (SD) ±0 2 (C)
1 (L)
±0
±0
3 (MP) ±0 2 (V) +1 21
Total Escanos
Grupo PPE SeD Patriotas CRE Renovar V/ALE Esquerda ENS Non inscritos[g]
188 (26,1%) +10 136 (18,9%) −2 84 (11,7%) +35 78 (10,8%) +9 77 (10,7%) –22 53 (7,4%) −17 46 (6,4%) +9 25 (3,5%) +25 33 (4,6%) -30 720 (+15)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Carteis electorais en Galicia para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2024:

Papeletas de voto en Galicia:

  1. Con respecto aos 705 escanos de 2019.
  2. Tamén os partidos etiquetados como outros.
  3. Tralas eleccións, Maximilian Krah, que foi elixido pola AfD, foi excluído da delegación do partido no Parlamento Europeo. Posteriormente, non se uniu a ENS o 10 de xullo e permaneceu como non inscrito.[15]
  4. Despois das eleccións, Milan Uhrík uniuse á ENS, mentres que Milan Mazurek pasou a ser un non inscrito
  5. Jaak Madison, que foi elixido na lista de EKRE, abandonou o partido despois das eleccións. Posteriormente uniuse ao grupo CRE como independente.[17][18]
  6. Marion Maréchal, Guillaume Peltier, Nicolas Bay e Laurence Trochu foron elixidos na lista de Reconquista, pero abandonaron o partido antes do primeiro pleno do Parlamento Europeo. Posteriormente foron admitidos no Grupo CRE. Sarah Knafo seguiu sendo membro do partido e, posteriormente, uniuse á ENS.[19]
  7. Tamén os partidos etiquetados como outros.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. "Ratificada a data das próximas eleccións europeas, adiantada por 'Nós Diario': 9 de xuño". Nós Diario. 17 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 
  2. "EUR-Lex - 12007L/TXT - EN - EUR-Lex". eur-lex.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2023. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  3. "Elections". europarl.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xullo de 2021. 
  4. EUR-Lex, ed. (26 de outubro de 2012). "Versión consolidada do Tratado de Funcionamento da Unión Europea". Consultado o 24 de novembro de 2023. Artigo 17.7 
  5. "Number of MEPs to be reduced after EU elections in 2019". Parlamento Europeo. 13 de xuño de 2018. Consultado o 24 de novembro de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "2024 European elections: 15 additional seats divided between 12 countries". Parlamento Europeo. 13 de setembro de 2023. Consultado o 17 de decembro de 2023. 
  7. "PPE, S&D e Renovar fanse coa maioría absoluta nun Parlamento Europeo no que medra a ultradereita". Nós Diario. 10 de xuño de 2024. Consultado o 28 de xuño de 2024. 
  8. "O resultado electoral na Galiza: o PP (43%) e o BNG (16%) soben en votos, o PSdeG baixa en apoios e logra 27%". Nós Diario. Consultado o 28 de xuño de 2024. 
  9. Wax, Eddy (27 de maio de 2024). Politico, ed. "What is the EU election? A beginner’s guide". Consultado o 28 de maio de 2024. 
  10. Sánchez Hidalgo, Emilio (6 de maio de 2019). El País (Verne), ed. "Países en los que sí se puede votar antes de los 18 años, como propone Podemos". Consultado o 25 de novembro de 2023. 
  11. Oficina en España do Parlamento Europeo, ed. (07 de maio de 2019). "Diferenzas nas leis electorais dos diferentes Estados da UE". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2019. Consultado o 25 de novembro de 2023. 
  12. Oelbermann, Kai Friederike; Pukelsheim, Friedrich (xullo de 2020). "The European Elections of May 2019" (PDF). europarl.europa.eu. p. 14. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 15 de marzo de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2022. 
  13. "European Union | European Parliament". Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño 2024. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  14. "2024 European election results". europarl.europa.eu. Arquivado dende o orixinal o 9 de xuño de 2024. Consultado o 12 de xuño de 2024. 
  15. "Krah nicht Teil der neuen AfD-Delegation im Europaparlament". tagesschau.de. Consultado o 11 de xullo de 2024. 
  16. Neubert, Kjeld (10 de xullo de 2024). "German AfD launches third far-right group “Europe of Sovereign Nations”". www.euractiv.com. Consultado o 11 de xullo de 2024. 
  17. "Madison: minu teekond EKRE-s on lõppemas". ERR. 11 de xuño de 2024. Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  18. "ECR Group is constituted, grows to 84 MEPs // ECR Group". ECR Group. Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  19. "ECR Group continues to grow: 83 seats after round two of admissions - Conservatives take third place // ECR Group". ECR Group. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2024. Consultado o 19 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]