Eleccións xerais de Suráfrica de 1999
Eleccións xerais de Suráfrica de 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1994 2004 → | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 2 de xuño de 1999 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións xerais de Suráfrica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 400 membro da Asemblea Nacional de Suráfrica | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
As eleccións xerais de Suráfrica de 1999 tiveron lugar o 2 de xuño de dito ano para escoller os 400 membros da Asemblea Nacional e renovar as lexislaturas provinciais, que á súa vez elixirían os 90 membros do Consello Nacional das Provincias, configurando así a lexislatura do Parlamento de Suráfrica para o período 1999-2004. Foron as segundas eleccións xerais desde a fin do apartheid en 1994, así como as primeiras desde a sanción da nova constitución en 1996. Tras o anuncio do presidente Nelson Mandela en xullo de 1996 de non presentarse á reelección, o seu partido, o Congreso Nacional Africano (ANC), designou o vicepresidente saínte Thabo Mbeki como o seu candidato presidencial. O número de rexistrados para votar foi moi inferior ao de 1994, aínda que en sentido porcentual a participación foi maior. De 22.709.152 inscritos para participar na primeira elección, pasaron a 18.172.751 rexistrados para facelo cinco anos despois.
Ante unha oposición dividida e a alta popularidade do goberno de Mandela, o resultado foi unha esmagadora vitoria para o ANC, que logrou o 66.35% dos votos e unha maioría de 266 dos 400 escanos, a tan só unha banca de obter a maioría dos dous terzos requirida para modificar a constitución sen ter que negociar con outros partidos. En segundo lugar, o até entón minoritario Partido Democrático (DP), presidido e liderado por Tony Leon, creceu até o 9.56% dos votos e 38 escanos, converténdose na principal forza da oposición e arrebatando ao Partido Nacional (NP), gobernante durante o apartheid e daquelas opositor principal, o seu papel como forza política máis representativa da minoría branca e de cor. O terceiro lugar obtívoo o Partido da Liberdade Inkatha (IFP) co 8.58%, un lixeiro descenso con respecto á anterior elección, pero de todas formas sendo o único partido á parte do ANC en ser a forza máis votada nalgunha das nove provincias, retendo por pouco o seu bastión en KwaZulu-Natal. Pola súa parte, o Partido Nacional intentara reformarse e cortar os seus lazos co período do apartheid baixo o liderado de Marthinus van Schalkwyk renomeándose como Novo Partido Nacional, pero en lugar diso obtivo un desastroso resultado ao ser o cuarto cun 6.87% e 28 escanos, menos da metade que na anterior elección. O Movemento Democrático Unido (UDM), fundado recentemente por Bantu Holomisa, un disidente do ANC, logrou o 3.42% e 14 escanos na súa primeira elección, quedando de quinto.
Con respecto ao plano provincial, o ANC impúxose en oito das nove provincias, coa soa excepción de KwaZulu-Natal, onde o IFP triunfou sen maioría. En Cabo Occidental o ANC impúxose estreitamente ante o NNP e este conservou o goberno por un período máis mediante unha coalición. O Consello Nacional das Provincias tivo unha maioría de dous terzos do ANC, con 63 escanos, contra 10 do NNP, 8 do DP, 4 do IFP, 3 do UDM, un do Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) e un do Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP), recentemente fundado e segunda forza na provincia do Noroeste. Pese á contundente hexemonía do ANC, o Parlamento electo foi notablemente máis multipartidista que o anterior, con trece partidos obtendo representación parlamentaria na Asemblea Nacional con respecto aos sete que o lograron en 1994.
Asemblea Nacional
[editar | editar a fonte]Ademais de desempeñar a función lexislativa, a Asemblea Nacional é a encargada de elixir o Presidente de Suráfrica. O carismático presidente Nelson Mandela anunciara xa o 7 de xullo de 1996 que non se ía presentar á reelección e que ía delegar no vicepresidente Thabo Mbeki a dirección do Goberno e do seu partido, o Congreso Nacional Africano (CNA). O 18 de decembro de 1997, durante a celebración da 50ª Conferencia Nacional do partido que se celebraba en Mafeking, a presidencia executiva do ANC foi transferida a Mbeki e proclamouse a súa candidatura presidencial. A partir dese momento, o vicepresidente levou o peso do goberno e Mandela foise convertendo nun presidente representativo.[1]
Congreso Nacional Africano
[editar | editar a fonte]O CNA obtivo máis do 66% dos votos, co que mellorou os seus xa bos resultados de 1994. Isto traduciuse en 266 asentos na cámara, un menos da maioría dos dous terzos necesaria para reformar a Constitución,[1] un obxectivo que segundo algúns medios de comunicación se marcara o propio ANC.[2] O incremento do apoio ao CNA foi interpretado por algúns analistas como expresión de agradecemento a Mandela polo seu labor en pro do recoñecemento das liberdades da maioría.[1]
Novo Partido Nacional
[editar | editar a fonte]A pesar de ter cambiado o seu tradicional nome de Partido Nacional polo de «Novo Partido Nacional» (NPN), o até entón principal partido da oposición sufriu unha dura derrota. O partido que gobernara a Suráfrica do apartheid durante décadas abandonara o 30 de xuño de 1996 o Goberno de Unión Nacional que fora creado tras as eleccións de 1994 segundo o acordado na Constitución provisional. Desa forma, deixara claro que interpretaba que a transición finalizara con éxito. A pesar do seu paso á oposición, o NPN baixou desde o 20,39% dos votos e 82 escanos de 1994 até o 6,87% e 28 asentos.[1]
Partido Democrático
[editar | editar a fonte]O posto de principal partido da oposición foi ocupado polo Partido Democrático (PD) liderado agora por Tony Leon. O herdeiro da tradición liberal da minoría branca que se opuxera ao apartheid desde dentro do sistema avanzou desde o 1,73% e 7 escanos obtidos en 1994 até o 9,56% e 38 parlamentarios.[1]
Inkatha
[editar | editar a fonte]A diferenza do NPN, o Partido da Liberdade Inkatha de Mangosutu Buthelezi, con apoio principalmente entre a minoría zulú, permanecera no Goberno até o momento da celebración das eleccións. Iso non impediu que retrocedera sensiblemente. Do 10,54% e 43 parlamentarios de 1994 pasou ao 8,58% e 34 postos na Asemblea.[1]
Outros
[editar | editar a fonte]As eleccións tamén ratificaron o declive das opcións máis extremistas. A Fronte da Liberdade que representaba un importante sector da minoría africáner descendeu desde o 2,17% dos votos e nove asentos a un insignificante 0,80% e tres prazas. Igualmente, o Congreso Panafricano —defensor dunha Suráfrica controlada pola maioría negra— baixou do 1,25% e cinco asentos a un máis irrelevante aínda 0,71% e dous escanos. Só o sistema electoral estritamente proporcional evitou a súa saída do parlamento.[1]
Resultados
[editar | editar a fonte]Asemblea Nacional
[editar | editar a fonte]A composición do parlamento segundo a antiga clasificación racial experimentou un lixeiro cambio tendente á normalización con respecto á asemblea anterior. Así, os parlamentarios considerados «negros» aumentaron desde o anterior 52% até o 58% (unha porcentaxe máis próxima á xeral da poboación); os «brancos» diminuíron do 32 ao 26%; os «mulatos» aumentaron do 7 ao 10% e os «indios», do 3 ao 5 %. A porcentaxe de mulleres aumentou do 27 ao 30%, o que tamén supón unha aproximación á proporción existente na sociedade.[3]
Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Congreso Nacional Africano (ANC) | 10.601.330 |
|
3.70 | 266 / 400 |
14 | ||||
Partido Democrático (DP) | 1.527.337 |
|
7.83 | 38 / 400 |
31 | ||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 1.371.477 |
|
1.96 | 34 / 400 |
9 | ||||
Novo Partido Nacional (NNP) | 1.098.215 |
|
13.52 | 28 / 400 |
54 | ||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 546.790 |
|
Novo | 14 / 400 |
Novo | ||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 228.975 |
|
0.98 | 6 / 400 |
3 | ||||
Fronte da Liberdade (VF+) | 127.217 |
|
1.37 | 3 / 400 |
6 | ||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 125.280 |
|
Novo | 3 / 400 |
Novo | ||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 113.125 |
|
0.74 | 3 / 400 |
2 | ||||
Alianza Federal (FA) | 86.704 |
|
Novo | 2 / 400 |
Novo | ||||
Fronte Minoritaria (MF) | 48.277 |
|
0.23 | 1 / 400 |
1 | ||||
Movemento de Unidade Africáner (AUM) | 46.292 |
|
Novo | 1 / 400 |
Novo | ||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 27.257 |
|
Novo | 1 / 400 |
Novo | ||||
Partido pola Abolición do Imposto sobre a Renda e a Usura (AITUP) | 10.611 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | ||||
Partido Verde polo Goberno do Pobo (GPGP) | 9.193 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | ||||
Partido Socialista de Azania (ASP) | 9.062 |
|
Novo | 0 / 400 |
Novo | ||||
Votos válidos | 15.977.142 |
|
|||||||
Votos en branco/nulos | 251.320 |
| |||||||
Votos en total | 16.228.462 |
| |||||||
Votantes rexistrados/participación | 18.172.751 |
|
Asembleas provinciais
[editar | editar a fonte]Provincia | Resultado | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cabo Oriental[4] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.606.856 |
|
10.55 | 47 / 63 |
1 | |||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 296.015 |
|
13.60 | 9 / 63 |
9 | |||
Partido Democrático (DP) | 136.859 |
|
4.24 | 4 / 63 |
3 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 70.141 |
|
6.61 | 2 / 63 |
2 | |||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 24.837 |
|
0.90 | 1 / 63 |
||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 20.857 |
|
0.45 | 0 / 63 |
||||
Fronte da Liberdade (VF+) | 7.287 |
|
0.46 | 0 / 63 |
||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 7.166 |
|
0.16 | 0 / 63 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 3.673 |
|
0.17 | 0 / 63 |
||||
Alianza Federal (FA) | 3.575 |
|
0.16 | 0 / 63 |
||||
Votos válidos | 2.177.266 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 30.469 |
| ||||||
Votos en total | 2.207.735 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 2.454.543 |
| ||||||
Estado Libre[5] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 881.381 |
|
4.15 | 25 / 30 |
1 | |||
Partido Democrático (DP) | 58.163 |
|
4.77 | 2 / 30 |
2 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 56.740 |
|
7.39 | 2 / 30 |
2 | |||
Fronte da Liberdade (VF+) | 22.996 |
|
3.92 | 1 / 30 |
1 | |||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 18.194 |
|
1.67 | 0 / 30 |
||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 12.548 |
|
0.66 | 0 / 30 |
||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 9.827 |
|
0.45 | 0 / 30 |
||||
Alianza Federal (FA) | 8.798 |
|
0.81 | 0 / 30 |
||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 8.543 |
|
0.78 | 0 / 30 |
||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 5.119 |
|
0.04 | 0 / 30 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 4.390 |
|
0.40 | 0 / 30 |
||||
Alianza Laborista de Desempregados (ULA) | 2.974 |
|
0.27 | 0 / 30 |
||||
Partido Socialista de Azania (ASP) | 1.235 |
|
Nuevo | 0 / 400 |
Nuevo | |||
Votos válidos | 1.090.908 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 16.943 |
| ||||||
Votos en total | 1.107.851 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.225.730 |
| ||||||
Gauteng[6] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 2.448.780 |
|
10.27 | 50 / 73 |
||||
Partido Democrático (DP) | 658.236 |
|
12.63 | 13 / 73 |
8 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 142.579 |
|
19.99 | 3 / 73 |
18 | |||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 128.807 |
|
0.15 | 3 / 73 |
||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 71.630 |
|
1.95 | 1 / 73 |
1 | |||
Fronte da Liberdade (VF+) | 45.750 |
|
4.92 | 1 / 73 |
4 | |||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 42.621 |
|
0.55 | 1 / 73 |
||||
Alianza Federal (FA) | 32.494 |
|
0.89 | 1 / 73 |
1 | |||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 26.781 |
|
0.73 | 0 / 73 |
1 | |||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 11.450 |
|
0.31 | 0 / 73 |
||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 8.642 |
|
0.24 | 0 / 73 |
||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 5.896 |
|
0.16 | 0 / 73 |
||||
Partido Socialista de Azania (ASP) | 1.235 |
|
0.05 | 0 / 73 |
||||
Partido Laborista (LP) | 1.096 |
|
0.03 | 0 / 73 |
||||
Votos válidos | 3.666.752 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 40.843 |
| ||||||
Votos en total | 3.707.595 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 4.154.087 |
| ||||||
KwaZulu-Natal[7] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 1.241.522 |
|
8.43 | 34 / 80 |
7 | |||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.167.094 |
|
7.15 | 32 / 80 |
6 | |||
Partido Democrático (DP) | 241.779 |
|
6.01 | 7 / 80 |
5 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 97.077 |
|
7.93 | 3 / 80 |
6 | |||
Frente Minoritario (MF) | 86.770 |
|
1.59 | 2 / 80 |
1 | |||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 53.745 |
|
1.14 | 1 / 80 |
||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 34.586 |
|
1.17 | 1 / 80 |
1 | |||
Alianza Federal (FA) | 9.762 |
|
0.33 | 0 / 80 |
||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 7.654 |
|
0.47 | 0 / 80 |
1 | |||
Fronte da Liberdade (VF+) | 6.804 |
|
0.28 | 0 / 80 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 5.801 |
|
0.20 | 0 / 80 |
||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 5.052 |
|
0.17 | 0 / 80 |
||||
Partido Socialista de Azania (ASP) | 3.451 |
|
0.12 | 0 / 80 |
||||
Movemento Unido de Masas (MUM) | 2.261 |
|
0.08 | 0 / 80 |
||||
Votos válidos | 2.963.358 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 46.141 |
| ||||||
Votos en total | 3.009.499 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 3.443.978 |
| ||||||
Mpumalanga[8] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 954.788 |
|
4.13 | 26 / 30 |
1 | |||
Partido Democrático (DP) | 50.421 |
|
3.92 | 1 / 30 |
1 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 27.909 |
|
6.52 | 1 / 30 |
3 | |||
Fronte da Liberdade (VF+) | 19.170 |
|
3.96 | 1 / 30 |
1 | |||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 16.013 |
|
1.42 | 1 / 30 |
1 | |||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 15.901 |
|
0.11 | 0 / 30 |
||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 12.586 |
|
0.64 | 0 / 30 |
||||
Alianza Federal (FA) | 9.019 |
|
0.80 | 0 / 30 |
||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 7.296 |
|
0.99 | 0 / 30 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 4.520 |
|
0.40 | 0 / 30 |
||||
Partido Progresista Sindawonye (SPP) | 4.318 |
|
0.38 | 0 / 30 |
||||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 2.553 |
|
0.23 | 0 / 30 |
||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 1.090 |
|
0.10 | 0 / 80 |
||||
Votos válidos | 1.125.584 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 21.502 |
| ||||||
Votos en total | 1.147.086 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.277.783 |
| ||||||
Noroeste[9] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.030.901 |
|
4.36 | 27 / 33 |
1 | |||
Partido Demócrata Cristián Unido (UCDP) | 124.874 |
|
9.57 | 3 / 30 |
3 | |||
Partido Democrático (DP) | 42.593 |
|
2.76 | 1 / 33 |
1 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 29.931 |
|
6.55 | 1 / 33 |
2 | |||
Fronte da Liberdade (VF+) | 17.964 |
|
3.26 | 1 / 33 |
||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 16.785 |
|
1.29 | 0 / 33 |
||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 12.227 |
|
0.58 | 0 / 33 |
||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 9.613 |
|
1.00 | 0 / 33 |
||||
Alianza Federal (FA) | 7.157 |
|
0.55 | 0 / 33 |
||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 6.759 |
|
0.14 | 0 / 33 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 6.637 |
|
0.51 | 0 / 33 |
||||
Votos válidos | 1.305.441 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 21.722 |
| ||||||
Votos en total | 1.327.163 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.527.672 |
| ||||||
Cabo do Norte[10] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 210.837 |
|
14.58 | 20 / 30 |
5 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 79.214 |
|
16.31 | 8 / 30 | ||||
Partido Democrático (DP) | 15.632 |
|
2.90 | 1 / 30 |
||||
Fronte da Liberdade (VF+) | 5.446 |
|
4.31 | 1 / 30 |
1 | |||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 5.004 |
|
0.72 | 0 / 30 |
||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 2.936 |
|
0.90 | 0 / 30 |
||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 2.158 |
|
0.27 | 0 / 30 |
||||
Alianza Federal (FA) | 1.735 |
|
0.53 | 0 / 30 |
||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 1.728 |
|
0.11 | 0 / 30 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 1.722 |
|
0.53 | 0 / 30 |
||||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 1.360 |
|
0.41 | 0 / 30 |
||||
Votos válidos | 327.772 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 4.897 |
| ||||||
Votos en total | 332.669 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 377.173 |
| ||||||
Limpopo[11] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 1.464.432 |
|
3.35 | 44 / 49 |
6 | |||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 41.700 |
|
2.51 | 1 / 49 |
1 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 28.159 |
|
1.57 | 1 / 49 |
||||
Partido Democrático (DP) | 23.486 |
|
1.21 | 1 / 49 |
1 | |||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 23.325 |
|
0.14 | 1 / 49 |
||||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 18,281 |
|
0.72 | 1 / 49 |
||||
Partido Ximoko Progresista (XPP) | 13.817 |
|
0.57 | 0 / 49 |
||||
Fronte da Liberdade (VF+) | 22.996 |
|
1.50 | 0 / 49 |
1 | |||
Organización do Pobo de Azania (APO) | 8.931 |
|
0.54 | 0 / 49 |
||||
Fronte Patriótica Dabalorivhuwa (DPF) | 8.229 |
|
0.50 | 0 / 49 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 4.520 |
|
0.40 | 0 / 49 |
||||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 5.644 |
|
0.22 | 0 / 49 |
||||
Alianza Federal (FA) | 5.365 |
|
0.32 | 0 / 49 |
||||
Votos válidos | 1.658.694 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 25.137 |
| ||||||
Votos en total | 1.683.831 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 1.847.766 |
| ||||||
Cabo Occidental[12] | Partido | Votos | % | +/- | Escanos | +/- | ||
Congreso Nacional Africano (ANC) | 668.106 |
|
9.08 | 18 / 42 |
4 | |||
Novo Partido Nacional (NNP) | 609.612 |
|
14.86 | 17 / 42 |
6 | |||
Partido Democrático (DP) | 189.183 |
|
5.27 | 5 / 42 |
2 | |||
Partido Demócrata Cristián Africano (ACDP) | 44.323 |
|
1.59 | 1 / 42 |
||||
Movemento Democrático Unido (UDM) | 38.071 |
|
2.40 | 1 / 42 |
1 | |||
Partido Moral Africano (AMP) | 9.513 |
|
0.38 | 0 / 42 |
||||
Congreso Panafricanista de Azania (PAC) | 23.325 |
|
0.58 | 0 / 42 |
||||
Fronte da Liberdade (VF+) | 6.394 |
|
1.66 | 0 / 42 |
1 | |||
Alianza Federal (FA) | 4.153 |
|
1.66 | 0 / 42 |
1 | |||
Partido da Liberdade Inkatha (IFP) | 2.895 |
|
0.17 | 0 / 42 |
||||
Movemento de Unidade Africáner (AE) | 2.854 |
|
0.18 | 0 / 42 |
||||
Partido Verde polo Goberno do Pobo (GPGP) | 2.453 |
|
0.15 | 0 / 42 |
||||
Partido da Coalición Nacional (NCP) | 1.126 |
|
0.07 | 0 / 42 |
||||
Partido da Liberación Popular (HKP) | 915 |
|
0.06 | 0 / 42 |
||||
A Internacional de Traballadores para Construír a Cuarta Internacional (WIRFI) | 672 |
|
0 / 42 |
|||||
Votos válidos | 1.587.978 |
|
||||||
Votos en branco/anulados | 13.499 |
| ||||||
Votos en total | 1.601.477 |
| ||||||
Votantes rexistrados/participación | 1,864,019 |
|
Consecuencias
[editar | editar a fonte]O 14 de xuño, a Asemblea elixiu presidente a Thabo Mbeki e vicepresidente a Jacob Zuma, quen se consolidou así como número dous do ANC e do Estado. Dous días máis tarde celebrouse a cerimonia de toma de posesión, á que asistiron representantes de oitenta estados e organizacións internacionais. Mbeki mantivo a coalición con Inkatha e mantivo a Trevor Manuel como ministro de Finanzas, a Alec Erwin como ministro de Industria e Comercio e a Buthelezi na carteira de Interior. Novas incorporacións ao executivo foron as de Nkosazana Dlamini-Zuma en Asuntos Exteriores substituíndo a Alfred Nzo, e Terror Lekota en Defensa substituíndo a Joe Modise. Govan Mbeki, o pai do novo mandatario, foi elixido presidente do Senado.[13]
No seu discurso, Mbeki afirmou que Suráfrica necesitaba a reconciliación, unha cuestión que ocasionara polémica uns meses antes cando o entón vicepresidente criticou duramente os resultados da Comisión para a verdade e a reconciliación por ter censurado as violacións de dereitos humanos cometidas polo ANC durante a época do apartheid, postura da que discrepou abertamente o presidente Mandela. Tamén prometeu gobernar «sen arrogancia e con responsabilidade», e sinalou como principais problemas do país o desemprego —que alcanzaba un 35%—, o subdesenvolvemento no que vivía gran parte da poboación negra, a crecente criminalidade —con 25.000 asasinatos e 50.000 violacións ao ano— e as enfermidades endémicas como a tuberculose, o cólera e a crecente sida.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Roberto Ortiz de Zárate (13 de marzo de 2014). "Nelson Mandela". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 31 de agosto de 2014.
- ↑ "El delfín de Mandela quiere una mayoría que le permita cambiar la Constitución". El País. 1 de xuño de 1999. Consultado o 31 de agosto de 2014.
- ↑ "Sudáfrica: sistemas electorales, manejo de conflictos e inclusión". Enciclopedia de Administración y Costo de Elecciones (ACE). Consultado o 31 de agosto de 2014.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Eastern Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Free State: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Gauteng: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - KwaZulu-Natal: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Mpumalanga: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - North West: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Northern Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Limpopo: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ "June 2, 1999 General Election Results - Western Cape: Provincial Legislature". Election Resources on the Internet (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2013.
- ↑ 13,0 13,1 Ortiz de Zárate, Roberto (2013). "Thabo Mbeki". CIDOB. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.