Saltar ao contido

Elena García Armada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElena García Armada

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Director de tesePablo Gonzalez-de-Santos (en) Traducir e Fernando Matia Espada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRobótica, enxeñaría industrial, automação (pt) Traducir e biónica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Centre for Automation and Robotics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeira industrial, enxeñeira, roboticist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX5497365

Elena García Armada, nada en Santander en 1971, é unha enxeñeira industrial española que lidera o grupo do CSIC que desenvolveu o primeiro exoesqueleto biónico do mundo para nenos con atrofia muscular espiñal, enfermidade dexenerativa que afecta a preto de 2 000 menores en España. É coñecida a nivel mundial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Creceu nunha contorna científica. A súa nai é doutora en Física e profesora de Universidade e o seu pai era catedrático de Electromagnetismo, creador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións en Santander.[1]

Doutora en Robótica en 2009 pola Universidade Politécnica de Madrid[2] e científica titular no Centro de Automática e Robótica (CAR) CSIC-UPM. Comezou a súa traxectoria profesional especializándose no deseño de robots orientados á industria, ata que en 2009 coñeceu a Daniela, unha nena que por mor dun accidente de tráfico quedou nun estado severo de tetraplexía.[3] A partir dese momento o seu traballo centrouse en fabricar dispositivos orientados a mellorar as facultades físicas, contribuír á rehabilitación e aumentar a mobilidade de nenos que sofren enfermidades neuromusculares dexenerativas.[4]

As súas principais liñas de investigación abarcan a mellora na axilidade da locomoción en cuadrúpedes; a creación de exoesqueletos de extremidades inferiores e ortesis activas; a estabilidade dinámica en robots camiñantes e a súa adaptación a terreos complexos con perturbacións ambientais.[5]

Elena García Armada é ademais fundadora de Marsi Bionics, empresa derivada do CSIC e a UPM, cuxo obxectivo é a investigación e creación de exoesqueletos pediátricos, estruturas baseadas en soportes que se axustan ás pernas e ao tronco do neno, e que ao incorporar motores que imitan o funcionamento do músculo, achéganlle forza para camiñar e manterse en pé.[3]

Un dos seus primeiros proxectos foi SILO 4, un robot de 30 quilogramos onde se testou o algoritmo de mellora de control e estabilidade da máquina e que permitía unha maior autonomía por parte do robot, prescindindo así de supervisión humana.[6] Ao mellorar a adaptabilidade do robot ao terreo (adaptando as patas segundo percibe perturbacións e alteracións) aumenta o seu equilibrio e impide que envorque, o que é fundamental para tarefas de arrastre ou transporte de cargas. SILO 4 está pensado para o seu uso en labores de recoñecemento e rescate en catástrofes e para labores de desminado.

No campo da creación de exoesqueletos pediátricos, o proxecto máis destacado e premiado foi ATLAS 2020, un exoesqueleto de 9 quilogramos de peso capaz de controlar a rixidez mentres permite un movemento máis áxil e articulado mediante os seus diferentes sensores de forza, presión e temperatura.[7][8] Está dotado de articulacións intelixentes que interpretan os movementos do paciente detectando cales son desexados e cales non, algo fundamental xa que en moitos casos existen movementos espasmódicos que, mal interpretados, levan serios riscos de seguridade ao paciente.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • "Robots. Al servicio del ser humano" (2015). Editorial: CSIC e Catarata. ISBN 978-84-00-09914-5[4]
  • P. Gonzalez de Santos, E. Garcia e J. Estremera, QUADRUPEDAL LOCOMOTION: An Introduction to the Control of Four-Legged Robots, Springer, Londres, 2006.[9]

Publicacións en Revistas Científicas

[editar | editar a fonte]
  • Sanz-Merodio,D.,Garcia, E., e Gonzalez de Santos, P., Analyzing energy-efficient configurations in hexapod robots for demining applications, Industrial Robot, An International Journal, Vol. 39, Non. 4, 2012.[9]
  • Arévalo, J.C e García, E., Impedance Control for Legged Robots: An insight into the Concepts Involved, IEEE Transactions on Systems Man and Cybernetics, marzo de 2012.[10]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2022 premio popular ao Inventor Europeo 2022, outorgado pola Oficina Europea de Patentes (OEP).[11]

  • En 2021 elixida como unha das dez científicas máis relevantes de España pola Fundación Aquae.[12]
  • Premio Hipatia-Mujeres en la Ciencia 2019 á Traxectoria científica.[13]
  • Medalla de Oro de Madrid, 2018.[14]
  • Premio Mujeres a Seguir 2017.[15]
  • Elena García, entre as 10 persoas científicas máis brillantes de 2016.[16]
  • Mejor Tecnoloxía Sanitaria. Premios ABC Saúde 2016.[17]
  • Mejor proyecto emprendedor. Premio CEPYME 2015.[18]
  • Primeiro premio Innova eVIA 2014.[19]
  1. "Elena García Armada: "Cambiarle la vida a una niña con tetraplejia es el mejor premio"". 8 de outubro de 2018. Consultado o 8 de abril de 2019. 
  2. "Ficha Elena Garcia". Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Entrevista "Protagonistas de la ciencia"". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Colección ¿Qué Sabemos de...? Robots". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  5. "Elena Garcia Research". Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  6. "Una investigadora vallisoletana dirige un proyecto del CSIC que ha desarrollado un sistema que mejora la movilidad de robots caminantes". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  7. "Ingeniería biomédica". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  8. País, Ediciones El (12 de febreiro de 2015). "Un exoesqueleto español para Daniela". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 "Elena Garcia Publications". Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  10. Arevalo, J. C.; Garcia. "Impedance Control for Legged Robots: An Insight Into the Concepts Involved" 42 (6). ISSN 1094-6977. doi:10.1109/TSMCC.2012.2187190. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  11. Tarancón, Lucas (2022-06-21). "La española Elena García gana el premio popular al Inventor Europeo 2022". euroefe.euractiv.es (en castelán). Consultado o 2022-06-27. 
  12. Carro, Ana (2022-01-11). "“Tenemos que retener el talento que se forma y captar el talento que ha emigrado”". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-15. 
  13. "Elena García, Sara Barja y Clara Piloto triunfan en los premios Hipatia-Mujeres en la Ciencia de 'elEconomista' - elEconomista.es". Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  14. "El Ayuntamiento premia por unanimidad a las mujeres, con la Medalla de Oro de Madrid - Ayuntamiento de Madrid". Consultado o 16 de maio de 2018. 
  15. "Ganadoras Premios MAS : Mujeres a seguir". Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  16. "José Ángel Obeso y Elena García Armada entre los mejores científicos españoles de 2016". abc (en castelán). 17 de decembro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  17. "La ministra Dolors Montserrat: “Los Premios ABC Salud demuestran haberse convertido en un referente en el ámbito de la Sanidad”". 22 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 11 de febreiro de 2017. 
  18. "Premios 2015 | CEPYME". CEPYME (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 11 de febrero de 2017. 
  19. "La empresa Marsi Bionics, ganadora del Primer Premio Innova eVIA 2014 | Ametic". Consultado o 11 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]