Elena Medel Navarro, nada en Córdoba o 29 de abril de 1985, é unha poeta, novelista, crítica literaria e editoraespañola. Dirixe a editorial de poesía La Bella Varsovia. En 2020, publicou a súa primeira novela, Las maravillas, gañadora do Premio Francisco Umbral al Libro del Año e considerado como un dos mellores libros en español de 2020 segundo os críticos de ABC cultural e que foi traducida a nove idiomas.[1]
Naceu en Córdoba e estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Córdoba.[2]
Empezou a cultivar desde pequena a narrativa e coñecer a obra de Federico García Lorca inspirouna aos 11 anos a empezar a escribir poesía, explica nas súas entrevistas.[3]
Publicou diversos poemarios, entre os que destacan Mi primer bikini (DVD, 2002), co que gañou o premio Andalucía Joven, Tara (2006) e Chatterton (Visor, 2014), que obtivo o premio Loewe na categoría de Creación Joven en 2013.[5] Tamén é autora dos cadernos Vacaciones (2004) e Un soplo en el corazón (2007).
Tamén dirixe a editorial de poesía La Bella Varsovia.[6][7]
A súa obra aparece en numerosos recontos da poesía dos anos 20 do século XXI. Tamén narradora, os seus contos aparecen en diversas antoloxías.
En 2018 publicou Todo lo que hay que saber sobre poesía, un libro no que nos acerca de forma entretida e didáctica á poesía, incluída a súa historia.[3]
Dous anos despois, en 2020 publica Las maravillas, a súa primeira novela, na que expón o peso do diñeiro na vida das persoas, a precariedade e a pesar diso a esperanza.[8]
Un soplo en el corazón (Logroño-La Rioja, Ediciones del 4 de agosto - Colección Planeta Clandestino # 47, 2007). 24 páxinas. Viñeta de Odón Serón. ISBN 84-96686-36-6. Caderno inspirado no álbum Un Soplo En El Corazón (1993) do grupo donostiarra Family.
Aquí y ahora (ed. Lara Moreno, Sevilla, Igriega Movimiento Cultural, 2008). 196 páxinas, ISBN 978-84-612-2486-9
Antología del beso, poesía última española, de Julio César Jiménez (Mitad doble ediciones, 2009). 133 páxinas, ISBN 978-84-613-0665-7.
y para qué + POETAS. Herederos y precursores. Poesía andaluza≤ n. 1970, de Raúl Díaz Rosales e Julio César Jiménez, (Eppur ediciones, Málaga2010). ISBN 978-84-937100-5-7.
El canon abierto. Última poesía en español (1970-1985), de Remedios Sánchez García e Anthony L. Geits, (Madrid, Visor, 2015). 498 páxinas, ISBN 978-84-9895-908-6
VV.AA., Matar en Barcelona (antoloxía de relatos), Alpha Decay, Barcelona, 2009.
Bleak House Inn. Diez huéspedes en casa de Dickens. Contos de Pilar Adón, Elia Barceló, Oscar Esquivias, Marc Gual, César Mallorquí, Ismael Martínez Biurrun, Elena Medel, Francesc Miralles, Daniel Sánchez Pardos e Marian Womack. Edición e epílogo de Care Santos. Madrid: Fábulas de Albión, 2012
Inclusión en el cuaderno Por dónde camina la poesía española. Revista Letra internacional 98. Número 98. Primavera do 2008. Fundación Pablo Iglesias, ISSN0213-4721
«Sueños, fantasía, memoria» artigo sobre a película My dad is 100 Years Old de Guy Maddin en Elegías íntimas.Instantáneas de cineastas. Hilario J. Rodríguez (editor). Madrid: Documenta Madrid, Festival Internacional de documentais de Madrid- Ocho y Medio, 2008.