Elisabet Casanovas
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Elisabet Casanovas i Torruella ![]() 15 de decembro de 1994 ![]() Sabadell (España) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz ![]() |
Período de actividade | 2014 ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Elisabet Casanovas i Torruella, nada en Sabadell o 15 de decembro de 1994, é unha actriz catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecida principalmente polo seu papel na serie de televisión Merlí, na que interpreta o personaxe de Tània Illa, unha adolescente de bacharelato humanístico.[1] Presentou as badaladas de fin de ano da Televisió de Catalunya do ano 2017 co tamén actor Carlos Cuevas.[2] Participou tamén na serie da TV3 Benvinguts a la família co papel de Paula, a moza de Fran.
Traballou en obras de teatro como La Tendresa e El fantasma de Canterville, así como no monólogo Kassandra, na que se pon na pel dunha muller refuxiada transexual que se prostitúe na Europa actual, con trasfondo na guerra de Troia.[3][4]
No ano 2020 protagonizou a comedia romántica Drama, unha produción de RTVE coa colaboración de El Terrat e baixo a dirección de Ginesta Guindal.[5]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Serie | Canle | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|---|
2014 | Imberbe | YouTube | Violeta | 2 capítulos |
2015 - 2018 | Merlí | TV3 | Tània Illa | 40 capítulos |
2018 - 2019 | Benvinguts a la família | TV3 | Paula | 6 capítulos |
2020 | Drama | Playz | Àfrica | 6 capítulos |
Programas de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Programa | Canle | Notas |
---|---|---|---|
2015 | Oh Happy Day | TV3 | Convidada |
Merlinades | TV3 | Entrevistada | |
2015 - 2016 | Divendres | TV3 | Entrevistadora e convidada |
2016 | El gran dictat | TV3 | Concursante |
Playcracks 2017 | TV3 | Convidada | |
2016 - 2018 | Àrtic | Betevé | Convidada |
2017 | El sopar | TV3 | Convidada |
Alguna pregunta més? | TV3 | Convidada | |
Tenir o no tenir | TV3 | Convidada | |
2018 | Al cotxe! | TV3 | Convidada |
Engantxats | TV3 | Convidada | |
Quan arribin els marcians | TV3 | Convidada |
Cinema
[editar | editar a fonte]- 2014: It Girl (curtametraxe, escrito e dirixido por Oriol Puig), como unha amiga da protagonista representada por Bruna Cusí.[6]
- 2017: Post (curtametraxe), como Irene.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ De Dios, Marisa (17 de outubro de 2016). "Elisabet Casanovas: "Con Tània comparto el mismo carácter positivo"". El Periódico (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Campanades peripatètiques a TV-3". El Periódico (en catalán). 18 de novembro de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Elisabet Casanovas es posa a la pell d'una Cassandra transsexual i immigrant a una obra dirigida per Belbel". 16 de outubro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2019.
- ↑ "La mítica Kassandra té per fi una tragèdia pròpia" (en catalán). 16 de outubro de 2018. Consultado o 16 de maio de 2019.
- ↑ Nació Digital, ed. (8 de xaneiro de 2020). "Elisabet Casanovas protagonitza «Drama», la primera sèrie de Playz en català i castellà" (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2020.
- ↑ It Girl (subtitulado en inglés), vídeo publicado no sitio web YouTube.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elisabet Casanovas ![]() |