Elton Brand
Elton Tyron Brand, nado o 11 de marzo de 1979 en Cortland Manor, Nova York, é un antigo xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 m e pesa 116 kg, e xogaba nas posicións de ala-pivote e pivote.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Antes de entrar na NBA, Brand xogaba na universidade de Duke. No seu último ano alí, conseguiu o campionato da NCAA de 1999 co seu actual compañeiro de equipo Corey Maggette. Gañou o prestixioso premio Naismith College Player of the Year, que se lle concede ao mellor universitario do ano, esa mesma temada. É licenciado en Socioloxía.
NBA
[editar | editar a fonte]Foi elixido polos Chicago Bulls na posición número 1 da primeira rolda do draft da NBA de 1999. No seu primeiro ano promediou 20.1 puntos e 10 rebotes en 37 minutos en 81 partidos (80 coma titular) e rematou sendo rookie do ano de 2000 xunto con Steve Francis, dos Houston Rockets. Tamén foi elixido para o equipo ideal de novatos nese ano. No seu segundo ano (2000-2001) obtivo medias de 20.1 puntos, 10.1 rebotes, 3.2 asistencias e 1.6 tapóns en case 40 minutos en cancha. Xogou 74 partidos (todos de titular) e só se perdeu oito.
Na súa terceira tempada foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Tyson Chandler. Tivo un total de 18.2 puntos, 11.6 rebotes, 2.4 asistencias e 2.04 tapóns en 37.8 minutos en cancha. Xogou 80 partidos (todos titular) e participou no NBA All-Star Game substituíndo a Shaquille O'Neal. No seu cuarto ano fixo 18,5 puntos e 11,3 rebotes en 39,6 minutos. Xogou 62 partidos (61 de titular).
Na tempada 2003-04 obtivo medias de 20 puntos, 10,3 rebotes e 2,23 tapóns por partido en 38.7 minutos. Participou en 69 partidos (68 coma titular). No seu sexto ano de participación na NBA conseguiu 20 puntos, 9.5 rebotes, 2.6 asistencias e 2.1 tapóns en 37 minutos de acción en 81 partidos (todos coma titular). A tempada 2005-06 foi o seu mellor ano até ese intre. Fixo 24,7 puntos, 10 rebotes e 2,54 tapóns en 39,2 minutos en cancha. Xogou 79 partidos (todos de titular). O 9 de xullo de 2008 asinou cos Philadelphia 76ers un contrato de 82 millóns de dólares por cinco anos.
Brand asinou cos Dallas Mavericks tras ser amnistiado polos Sixers.[1]
O 15 de xullo de 2013, Brand asinou cos Atlanta Hawks.[2]
Logros persoais
[editar | editar a fonte]- Mellor Universitario do Ano en 1999.
- Elixido Rookie do ano da NBA (2000).
- Elixido para o Mellor quinteto de rookies da NBA (2000).
- Elixido Xogador Máis Deportivo da NBA (2006).
- Elixido para o Segundo Equipo Ideal da NBA (2006).
- Ganador do premio Magic Johnson (2002).
- Elixido MVP do Rookie Challenge (2000).
- Participou 2 veces no NBA All-Star Game.
- Xogou 12 partidos de playoffs (todos na tempada 2005-06), promediando 25.4 puntos, 10.3 rebotes, 2.6 asistencias e 2.1 tapóns en 43.1 minutos en cancha.
Máximas da súa traxectoria
[editar | editar a fonte]- 44 puntos (2 veces)
- 18 tiros de campo convertidos (contra Indiana Pacers 24/02/2000)
- 26 tiros de campo intentados (2 veces)
- 1 tripla convertida (contra Milwaukee Bucks 11/03/2006)
- 1 tripla intentada (12 veces)
- 15 tiros libres convertidos (contra Utah Jazz 16/01/2006)
- 19 tiros libres intentados (contra Los Angeles Lakers (19/11/1999)
- 12 rebotes ofensivos atrapados (2 veces)
- 16 rebotes defensivos atrapados (contra Memphis Grizzlies 25/02/2002)
- 23 rebotes atrapados en total (2 veces)
- 10 asistencias (contra Indiana Pacers 26/01/2003)
- 5 roubos (2 veces)
- 8 tapóns (4 veces)
- 55 minutos xogados (contra Charlotte Hornets 09/01/2001)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stein, Mark (13 de xullo de 2012). "Mavericks claim Elton Brand". ESPN.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 17 de xullo de 2012.
- ↑ "HAWKS SIGN FORWARD/CENTER ELTON BRAND". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1979
- Nados en Nova York
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Chicago Bulls
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos Los Angeles Clippers
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Atlanta Hawks
- Rookie do Ano da NBA