Saltar ao contido

Lamar Odom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLamar Odom

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Lamar Joseph Odom Editar o valor en Wikidata
6 de novembro de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Jamaica, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUnited States Army War College (en) Traducir
Universidade de Rhode Island (pt) Traducir
Christ the King Regional High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura208 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Clippers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Saski Baskonia
1998–1999 Rhode Island Rams men's basketball
2003–2004 Miami Heat
2004–2011 Los Angeles Lakers
2011–2012 Dallas Mavericks
2012–2013 Los Angeles Clippers
Participou en
2010Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010
2004basketball at the 2004 Summer Olympics – men's tournament (en) Traducir (3º) (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKhloé Kardashian (2009–2016), divorcio Editar o valor en Wikidata

Sitio weblamarodomonline.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1156027 Facebook: reallamarodom Twitter: RealLamarOdom Instagram: lamarodom Musicbrainz: 8169fea7-2742-4958-a150-d35b81a2c250 WikiTree: Odom-803 Editar o valor en Wikidata

Lamar Joseph Odom, nado en South Jamaica (Queens, Nova York) o 6 de novembro de 1979, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Instituto e universidade

[editar | editar a fonte]

En 1997, Odom ocupou o primeiro posto na clasificación de todas as escolas de Estados Unidos, gañándose unha boa reputación polo seu bo control do balón e a súa habilidade nos pases, así como pola súa grande altura (2,08 m). Foi recrutado pola Universidade de Nevada Las Vegas, pero viuse envolvido nun escándalo de retribucións económicas, polo que foi expulsado da mesma.[1] Foi transferido á Universidade de Rhode Island, pero tivo que permanecer un ano sen xogar. Na súa única tempada cos Rams tivo unha media 17,6 puntos por partido, levando ao seu equipo a lograr o seu único título da Atlantic 10 Conference, anotando unha canastra sobre a bucina de tres puntos ante Amorne na final.[2]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Odom foi declarado elixible para o Draft da NBA de 1999 procedente da Universidade de Rhode Island nese mesmo ano, sendo seleccionado por Los Angeles Clippers en terceira orde do Draft. Na súa primeira tempada cos Clippers, Odom tivo unha media de 16,6 puntos, 4,2 asistencias e 7,8 rebotes por xogo, sendo incluído no ano 2000 no equipo dos mellores principiante da NBA. Desafortunadamente para Odom, a súa carreira retrocedeu por algunhas lesións e suspensións polo abuso no uso de drogas.

Odom xogou catro tempadas para os Clippers antes de firnar un contrato por $65 millóns de dólares americanos cos Miami Heat. Odom promedió 17,1 puntos, 4,1 asistencias e 9,7 rebotes durante a tempada 2003-2004, axudando aos Heat a xogar os playoffs. Ao final da tempada 2004, foi enviado a xogar a Los Angeles Lakers como parte dun trato que trouxo a Shaquille O'Neal a Miami. No seu primeiro ano nos Angeles Lakers, entre el e Kobe Bryant nunca se estableceu a química que os analistas agardaban que se construíra entre eles. Os Lakers finalizaron fóra dos playoffs por cuarta vez na historia da franquía. Terminada a tempada seguido da decepción de perderse os playoffs, os Lakers volveron contratar ao adestrador Phil Jackson, coa esperanza de que Odom se puidese moldear, como fixera Scottie Pippen, ao triángulo ofensivo.

Lamar Odom comezou a confiar no seu xogo novamente e, xunto a Kobe e Phil Jackson, logrou chegar aos playoffs en 2006. A pesar do gran xogo demostrado polo conxunto anxelino, os Phoenix Suns elimináronos 4 a 3 na primeira rolda. Un ano despois repetiuse o patron; os Angeles de Odom foron derrotados novamente polas dúas veces MVP Steve Nash e os seus Phoenix Suns, esta vez cun contundente 4 a 1. Dende a chegada de Pau Gasol aos Lakers o xogo de Odom e o dos Angeles cambiou a radicalmente, chegando á final da NBA en 2008 e logrando o mellor rexistro do oeste para os playoffs do 2009, para posteriormente gañar a liga.

O 11 de decembro 2011 foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio dunha elección de Draft da primeira rolda.[3][4]

O 29 de xuño de 2012, Odom foi traspasados aos Los Angeles Clippers como parte dun acordo entre catro equipos.[5]

  1. NCAA reveals inquiry of UNLV
  2. "Lamar Odom Profile". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2009. Consultado o 23 de marzo de 2010. 
  3. "Lakers Acquire First Round Draft Pick from Dallas in Exchange for Lamar Odom & Second Round Draft Pick". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 9 de decembro de 2011. Consultado o 9 de decembro de 2011. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  5. Clippers acquire Odom as part of four-team trade. NBA.com. 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]