Saltar ao contido

Sasha Vujačić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSasha Vujačić

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1984 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Maribor, Eslovenia Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso93 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEslovenia Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo18 Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2001–2004 Pallalcesto Amatori Udine
2004–2010 Los Angeles Lakers
2010–2011 Brooklyn Nets
2011–2013 Anadolu Efes S.K.
2014–2014 Saski Baskonia
2014–2014 Reyer Venezia Mestre
2014–2014 Los Angeles Clippers
2015–2015 İstanbul Büyükşehir Belediyespor
2015–2017 New York Knicks
2017–2018 Auxilium Pallacanestro Torino
2019–2020 Scaligera Basket Verona

Twitter: SashaVujacic Editar o valor en Wikidata

Aleksandar "Saša" Vujačić (en cirílico: Александар »Саша« Вујачић), nado o 8 de marzo de 1984 en Maribor, é un antigo xogador de baloncesto profesional esloveno. Cunha altura de 2,01 metros, xogaba na posición de escolta. O seu pai é adestrador de baloncesto de Serbia Vaso Vujačić.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional comezou moi pronto, cando só tiña 16 anos, idade coa que fichou polo Snaidero Udine, da Lega italiana. Alí xogou até 2004.

En xullo de 2011, asinou un contrato dun ano con opción a un máis co Anadolu Efes S.K. de Turquía.[1][2]

Foi elixido no Draft da NBA de 2004 no posto 27 por Los Angeles Lakers, onde na actualidade completa a súa cuarta tempada. Ao longo destes anos, xogando dende o banco, tivo unha media de 9,9 puntos e 1,3 asistencias en apenas 15 minutos por partido que xoga. Na actualidade pasou a xogar de escolta onde pode explotar o seu gran lanzamento de longa distancia. O 25 de xullo de 2008 renovou o seu contrato cos Lakers por 15 millóns de dólares en tres anos. Despois de asinar ese contrato por tres anos cos Lakers, a súa achega e os seus números descenderon.

O 15 de decembro de 2010, Vujačić foi traspasado aos New Jersey Nets nun traspaso entre tres equipos, os Nets, os Lakers e os Houston Rockets. Nos Nets, Vujačić encontrouse co seu antigo compañeiro nos Lakers, Jordan Farmar.[3] Ao levar Ben Uzoh o dorsal 18, Vujačić cambiou o seu número polo 20.

  1. "ANADOLU EFES signs Vujacic". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011. 
  2. "Sasha Vujacic Efes'te...". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011. 
  3. "NETS Acquire Vujacic & Two 1st-Round Picks in 3-Team Trade". NBA.com. 2010-12-15. Consultado o 2010-12-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]