Reyer Venezia Mestre
Umana Reyer Venezia | |
![]() | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LBA |
Alcume | Reyer, Orogranata, Lagunari |
Fundación | 1872 |
Cores | Granate, ouro, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Umana |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Palasport Taliercio |
Capacidade | 3 509 |
Inauguración | 1978 |
Campionatos | |
Europe Cup | 1 (2018) |
Liga | 4 (1942, 1943, 2017, 2019) |
Copa | 1 (2020) |
reyer.it |
O Reyer Venezia Mestre, actualmente coñecido como Umana Reyer Venezia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Venecia, Véneto. Fundado en 1872 como o club deportivo Società Sportiva Costantino Reyer, comezou a albergar un equipo de baloncesto en 1925. Os seus maiores éxitos son catro títulos de Liga, en 1942, 1943, 2017 e 2019, un de Copa, 2020, así como unha FIBA Europe Cup en 2017 e un subcampionato da Copa Korać en 1981. Actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.
Historia
[editar | editar a fonte]A Società Sportiva Costantino Reyer foi fundada en Venecia no ano 1872 polo profesor de ximnasia Peter Gallo. Durante os seus primeiros anos adicouse a diferentes deportes como o boxeo e o fútbol. A primeira aparición do baloncesto na sociedade data de 1907. É na década de 1940 cando acandan o seu apoxeo, consiguindo gañar o título de liga en 1942 e 1943.[1] O equipo manténese na Serie A durante moitos anos, até chegar aos anos 1970 e 1980, nos que se converte nun equipo ascensor. En 1981 consegue un dos seus maiores éxitos chegando á final Copa Korać, onde é derrotado polo Joventut Badalona por 104−105. Nos anos 1990 o equipo chega a descender incluso até a terceira división, volvendo á segunda en 2008 e regresando á elite 2011. Tras asentarse na máxima categoría de novo, o equipo chega ás semifinais de liga nas temporadas 2014–15 e 2015–16. Na temporada 2016−17 conseguen gañar a FIBA Europe Cup e título de Liga, o cal volven gañar dúas temporadas despois. En 2020 conseguen o seu primeiro título de Copa.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Noalex Venezia (1966–1970)
- Splügen Venezia (1970–1973)
- Canon Venezia (1973–1980)
- Carrera Venezia (1980–1984)
- Giomo Venezia (1984–1987)
- Hitachi Venezia (1987–1990)
- Scaini Venezia (1991–1993)
- Acqua Lora Venezia (1993–1994)
- San Benedetto (1994–1995)
- Panto Venezia (1998–2001)
- Acqua Pia Antica Marcia (2005–2006)
- Umana Reyer Venezia (2006–presente)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Gabriele Vianello
Tomas Ress
Hrvoje Perić
Sasha Vujačić
Floyd Allen
Steve Burtt
Austin Daye
Tyrone Grant
Andrew Goudelock
Phil Goss
Steve Hawes
Spencer Haywood
Jeff Lamp
Scott Lloyd
Tyrus McGee
Bruce Seals
Neal Walk
Sidney Wicks
Alvin Young
Deron Washington
Yakhouba Diawara
Michael Bramos
Kristaps Janičenoks
Deividas Dulkys
Gediminas Orelik
Melvin Ejim
Dražen Dalipagić
Nemanja Đurić
Ratko Radovanović
Esteban Batista
Jayson Granger
MarQuez Haynes
Palmarés
[editar | editar a fonte]Europeo
[editar | editar a fonte]- FIBA Europe Cup
- Campións (1): 2018
- Copa Korać
- Subcampións (1): 1981
Nacional
[editar | editar a fonte]- Liga de Italia
- Campións (4): 1942, 1943, 2017, 2019
- Subcampións (1): 1946
- Copa de Italia
- Campións (1): 2020
Historial
[editar | editar a fonte]Temporada | Nivel | Liga | Pos. | Playoffs | Copa | Europa | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2010–11 | 2 | LegaDue | 2 | Subcampión | – | – | ||
2011–12 | 1 | Serie A | 7 | Cuartofinalista | – | – | ||
2012–13 | 1 | Serie A | 8 | Cuartofinalista | – | – | ||
2013–14 | 1 | Serie A | 11 | – | – | – | ||
2014–15 | 1 | Serie A | 2 | Semifinalista | Cuartofinalista | – | ||
2015–16 | 1 | Serie A | 5 | Semifinalista | Cuartofinalista | Eurocup | ||
2016–17 | 1 | LBA | 2 | Campión | Cuartofinalista | Champions League | ||
2017–18 | 1 | LBA | 1 | Semifinalista | Cuartofinalista | Champions League | RS | |
FIBA Europe Cup | C | |||||||
2018–19 | 1 | LBA | 3 | Campión | Cuartofinalista | Champions League | ||
2019–20 | 1 | LBA | − | Campión | Eurocup | |||
2020–21 | 1 | LBA | 4 | Semifinalista | Semifinalista | Eurocup | ||
2021–22 | 1 | LBA | 5 | Semifinalista | Semifinalista | Eurocup |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Storia della Reyer". Reyer.it. Archived from the original on 02 de xullo de 2013. Consultado o 05 de setembro de 2016.