Saltar ao contido

Trevor Ariza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTrevor Ariza

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Miami, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónWestchester Enriched Sciences Magnets (en) Traducir
Universidade de California, Os Ánxeles Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2004 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo1 Editar o valor en Wikidata
Convocado porNew York Knicks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
New Orleans Pelicans
Orlando Magic
Phoenix Suns
Sacramento Kings
Houston Rockets
New York Knicks
Washington Wizards
Los Angeles Lakers
2002–2004 UCLA Bruins

Twitter: TrevorAriza Editar o valor en Wikidata

Trevor Anthony Ariza, nado o 30 de xuño de 1985 en Miami, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,03 m, xoga na posición de ala. Antes de ser elixido no Draft da NBA de 2004 polos New York Knicks, Ariza formou parte dos UCLA Bruins da NCAA.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto e Universidade

[editar | editar a fonte]

Nado en Miami, Florida, Trevor Ariza formouse no instituto Westchester dos Ánxeles. No equipo de baloncesto do centro, os Comets, coincidiu na súa tempada júnior co tamén profesional Hassan Adams. Como xogador, liderou ao equipo ao campionato estatal de California nas súas tempadas júnior e sénior. No seu último ano fixo unha media de 21 puntos, 14 rebotes, 9 asistencias e 3 tapóns. O xornal Los Angeles Times concedeulle o galardón de Xogador do Ano e Mellor Xogador dos Ánxeles. Nas súas catro tempadas xogou en todas as posicións. Na súa honra, o seu dorsal co número 4 foi retirado polo instituto.

Tras acabar o instituto, Ariza acudiu á Universidade de UCLA, aínda que só pasou alí unha temporada antes de presentarse ao Draft da NBA. As súas cifras foron de 11,6 puntos, 6,5 rebotes e 1,7 roubos en 25 partidos (23 deles como titular). O seu tope anotador ficou en 24 puntos, os cales conseguiu dúas veces, unha ante Oregon State e outra ante Southern California. Por outra banda, o seu récord rebotes quedou en 14 ante Michigan. Nesa temporada 2003-04 foi incluído no Quinteto Freshman da Pacific Ten Conference (Pac-10).

Ariza foi escollido no posto 43 da segunda rolda do Draft da NBA polos New York Knicks. Ariza comezou desde o banco, e con 19 anos converteuse no segundo rookie máis novo en disputar 80 partidos cos Knicks. Pronto se gañou a titularidade da man de Larry Brown. En febreiro de 2006, Ariza foi traspasado a Orlando Magic xunto a Penny Hardaway por Steve Francis. Tras o traspaso, fixo unha media de 4,7 puntos por partido, mentres que o ano seguinte aumentou a súa contribución até os 8,9 puntos e 4,4 rebotes.

En novembro de 2007, Ariza recalou en Los Angeles Lakers en troques de Brian Cook e Maurice Evans. Con todo, uns meses despois, en xaneiro de 2008, lesionouse o pé dereito, non podendo facer o seu retorno até segundo partido das Finais de Conferencia ante os San Antonio Spurs. En marzo de 2009, Ariza foi expulsado dun partido tras unha durísima falta sobre Rudy Fernández, xogador dos Portland Trail Blazers, que acabou co xogador español hospitalizado. O 15 dese mes, Ariza logrou a súa mellor marca ao anotar 26 puntos ante Dallas Mavericks. Nos playoffs de 2009, Ariza anotou 21 puntos ante os Utah Jazz no primeiro partido e, nas Finais de Conferencia ante os Denver Nuggets, foi decisivo para a vitoria do seu equipo. Nas Finais da NBA, os Lakers venceron aos Orlando Magic, conseguindo Ariza o seu primeiro título da NBA. Na serie final achegou unha media de 11,3 puntos e 4,2 rebotes, ademais dun 50% desde a liña de tres puntos.

En xullo de 2009, Ariza asinou cos Houston Rockets un contrato de 33 millóns de dólares por 5 anos, deixando os Lakers na procura de máis protagonismo. Nun dos seus primeiros partidos co equipo texano, o 31 de outubro, anotou 33 puntos ante Portland Trail Blazers. NA mesma temporada, en abril, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre. O seguinte verán foi traspasado aos New Orleans Hornets, nun traspaso a catro bandas con Indiana Pacers e New Jersey Nets. Nos playoffs de 2011, Ariza fixo unha media de 15,5 puntos e 6,5 rebotes. Os Hornets caerían ante Los Angeles Lakers en 6 partidos. Na temporada 2011−12, foi regular no seu rendemento, mais a marcha de Chris Paul debilitou moito aos Hornets que non conseguiron clasificarse a Playoffs.

En xuño de 2012, Ariza e Emeka Okafor foron traspasados aos Washington Wizards en troques de Rashard Lewis. Na temporada 2013−14, é vital para que o equipo volva aos playoffs e venza en primeira rolda aos Chicago Bulls por 4-1. Con todo, na seguinte rolda caerían ante os Indiana Pacers. Tanto na tempada regular como nos playoffs, Ariza mostrou un gran nivel, grazas sobre todo á súa capacidade para facer canatras triplas (en especial desde as esquinas onde estivo entre os líderes da liga) e á súa defensa perimetral. No verán de 2014, volve aos Houston Rockets nun acordo de firma e traspaso de tres bandos que involucrou aos Wizards e os New Orleans Pelicans.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O irmán máis novo de Ariza, Tajh Ariza, morreu aos 5 anos de idade en Caracas, Venezuela, o 18 de marzo de 1996 despois de precipitarse pola xanela dun apartamento do piso 16 do Hotel Anauco Hilton, mentres Trevor Ariza estaba a ver un partido do seu padrasto cos Cocodrilos de Caracas. O seu primeiro fillo leva o nome do seu defunto irmán.[2]

O seu padrasto, Kenny McClary, xogou nos Florida Gators a finais dos anos 1980. Ariza ten ascendencia da República Dominicana, a través do seu avó Osvaldo Ariza, nativo de Porto Prata, e de Turks e Caicos a través a súa nai Lolita, unha ex-Miss Turks e Caicos nativa da Illa Gran Turca. Ariza considerou a mudanza de cidadanía para xogar coa selección de baloncesto da República Dominicana. Porén, descartou a opción despois de aceptar unha invitación ao campo de adestramento da selección de baloncesto dos Estados Unidos.

  1. Stein, Marc (14 de xullo de 2014). "Rockets get Trevor Ariza in trade". ESPN (en inglés). Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  2. Velin, Bob (24 de xuño de 2004). "UCLA's Ariza moves from tragedy to prospect". USA Today. Consultado o 15 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]