Emi Koussi
Tipo | volcán escudo | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | África | |||
División administrativa | Chad | |||
| ||||
Cordilleira | Tibesti (pt) | |||
Características | ||||
Altitude | 3.415 m | |||
Prominencia topográfica | 2.934 m | |||
Illamento topográfico | 2.001 km | |||
Material usado | traquito (pt) | |||
O Emi Koussi é un volcán escudo que se atopa no norte do Chad, no Sáhara central, e na parte sur dos montes Tibesti. É a maior elevación do Chad e mesmo de todo o Sáhara, cunha altura de 3.445 metros s.n.m., erguéndose uns 2.300 metros sobre das chairas circundantes. Outros volcáns próximos forman tamén parte do Tibesti.
Características
[editar | editar a fonte]A base do volcán acada unha área de 60 x 80 km. Na cima contén dúas caldeiras; a exterior ten un tamaño de 12 x 15 km, e dentro desta, cara ao sueste, hai outra menor de entre 2 e 3 km de ancho e 350 m de profundidade. Nas caldeiras e fóra delas hai numerosos domos de lava, conos de cinsa, maars (lagoas-cráteres) e mananciais de lava.
Outros
[editar | editar a fonte]O Emi Koussi foi utilizado para explicar fenómenos de modelaxe volcánica semellantes aos que se observan no planeta Marte.
Ascensións
[editar | editar a fonte]O Emi Koussi foi escalado por vez primeira, por occidentais, en 1938.