Emilio José
Aparencia
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Emilio José González Pérez 1984 (39/40 anos) Quins, España |
Outros nomes | Emilio José |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Selo discográfico | Foehn Records (pt) |
Emilio José González Pérez, chamado Emilio José, nado en Quins (Melón), en 1984, é un músico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Con vinte anos botou a andar o grupo de música pop Apeiron, en Ribadavia, con Belén Rodríguez e Álvaro Lorenzo. Nel ocupábase dos teclados, do baixo e das percusións, onde mesturaba elementos metálicos con caixas de cartón[1]. En 2009 debutou en solitario, aos teclados e como vocalista, co álbum Chorando apréndese. Ese ano foi un dos discos revelación en España[2][3], e serviulle para dar unha ampla xira de concertos por Galicia e España.
Estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela.
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Apeiron
[editar | editar a fonte]- Todo sigue intacto, 2002
En solitario
[editar | editar a fonte]- Chorando apréndese, 2009
- Agricultura livre, 2015
- Ilhas Virgens, 2016
- Nativos Digitais, 2017
- VIAJAR AGADÊ , 2017
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina de Apeiron en Last.fm.
- ↑ Disco del mes. "Chorando apréndese", de Emilio José, blog Perdiendo mi eje.
- ↑ Emilio José: “No soy nacionalista gallego, en todo caso soy nacionalista ourensano”, Retroalimentación, La Voz de Galicia, 23/2/2010.